Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Os días 9, 10 e 11 de maio terán lugar en Santiago de Compostela, no Palacio de Congresos e Exposicións , as Primeiras xornadas de Software Libre para Unidades e Servizos de Información .
Estas xornadas celébranse dentro das 10as Jornadas Españolas de Documentación: FESABIB 2007, e son patrocinadas pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información da Consellaría de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Pódese consultar na web das xornadas o programa provisional así como as datas para o envío de comunicacións .
A asistencia a estas xornadas é libre para os inscritos ás Xornadas FESABID 2007.
