Despois de moitos meses de desenvolvemento, por fin acaba de saír a versión 1.5 de Joomla!, un dos xestores de contidos máis usados na actualidade.
Algunhas das novidades son:
- as melloras na usabilidade e na internacionalización
- a creación de complementos para o Joomla! é moito máis sinxela grazas á nova API.
- novas opcións e parámetros de plantillas de deseño que ofrecen un control total o aspecto visual das webs.
- …
Para descargar a nova versión só tes que premer na seguinte ligazón:
Descargar Joomla! 1.5 Stable
Con esta nova versión tamén se provén as diferentes guías de instalación:
Instrucións de instalación nova para Joomla!
Instrucións de actualización desde Joomla! 1.5 RC4
Instrucións de actualización desde Joomla! 1.0.x
Nota da saída do Joomla! 1.5:
http://www.joomla.org/

O
MySQL Proxy é un programa que se sitúa entre o cliente e o servidor de MySQL que permite controlar, analizar e/ou transformar a comunicación. O cliente de MySQL conéctase ao proxy, en vez de ao servidor, coas credenciais usuais e o proxy actúa como un
Trolltech vén de anunciar que a biblioteca Qt liberarase con licenza GPL v3. A licenza GPL v3 fará que sexa máis sinxelo e seguro, para os desenvolvedores de Software Libre, que empreguen Trolltech Qt nos seus proxectos baixo a licenza marco da Free Software Foundation. Trolltech espera que o seu movemento anime aos proxectos de Software Libre a empregar Qt e eliminar as antigas reticencias dos desenvolvedores que non vían con bos ollos a licenza de Trolltech.
TRIS-4D é un xogo de lóxica en código aberto. Este software é unha modificación do coñecido xogo tetris. O campo de xogo esténdese a un campo 4D, no que teñen que cubrirse os ocos dun 4D hiper cubo. � máis fácil do que soa (ver o apartado de