A conversión dos programas coa licenza GPLv2 á licenza GPLv3 segue medrando. Así, durante o que vai de semana o crecemento é un 14% superior ao da semana pasada.
A día 22 de agosto, a web http://gpl3.palamida.com indica que 378 proxectos xa adoptaron oficialmente a GPLv3, cifra bastante prometedora si se ten en conta que só 12 días antes, o 10 de agosto, a cifra era de 332 proxectos. Ademais, oito proxectos adoptaron a LGPLv3, licenza que conta cun total de 21 proxectos.
Doutra banda, actualmente hai 4.803 proxectos cuxas licenzas indican que son compatibles con “GPLv2 ou LGPL v2.1 ou posterior”. Para unha completa listaxe de proxectos que adoptaron a GPLv3 e LGPLv3 visite http://gpl3.palamida.com…
Fontes da noticia:
http://news.com.com
http://gpl3.palamida.com
