Mancomún

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Marineda organiza unha xornada de Software Libre

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Marineda, agrupación de empresarios da área da Coruña, organiza unha xornada sobre Software Libre orientada a introducir aos asistentes no mundo do código aberto. A xornada celebrarase o lúns 27 de novembro de 10 a 14 horas nas instalacións do ITE de Caixa Galicia .
 

Intervirán David Pardo Villaverde, Socio Director de Producción de CORUNET, Antonio Pérez Casas, asesor da Consellería de Industria en sociedade da información e Jesús Arribi, coordinador de Mancomun.org.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal