A Asociación Galega de Centros de Negocio envíanos a seguinte nota de prensa:
A Asociación Galega de Centros de Negocio fai unha decidida aposta polo Software Libre na súa saída a Internet, construíndo integramente a súa plataforma de servizos Web (portal corporativo, xestor de publicidade, reserva de salas, xestor documental…) en base tecnoloxías libres, máis concretamente utilizando a plataforma LAMP (Linux, Apache, Mysql, PHP).
Ferramentas coma Joomla, Openads, phpscheduleit ou Docman, son algunhas das aplicacións utilizadas pola asociación baseadas todas elas en licencias GNU/GPL.
A Asociación Galega de Centros de Negocio nace no ano 2000 e conta actualmente con 10 centros repartidos por toda a comunidade:
A Coruña
Santiago de Compostela
Pontevedra
Â
Vigo
Entre os servizos ofrecidos polos centros de negocios se atopan:
- Despachos totalmente equipados
- Salas de Formación e reunións
- Salas de Informática
- Domiciliación de Sociedades
- Secretariado e personalizada de chamadas e visitas
- Nº de teléfono exclusivo con contestación
- Recepción e expedición de correspondencia e paqueterÃa
- Acceso a Internet de Banda Ancha
- Fotocopiadora â?? Impresora dixital
- Aire acondicionado e calefacción
- Outros servizos (Catering, azafatas, publicidade, material de oficina, reserva de billetes…)
