A televisión pública de Gran Bretaña está a considerar facer que o seu servizo de televisión por internet, visible a través de iPlayer, sexa capaz de se executar noutros sistemas operativos alén do Windows.
Representantes da BBC e do Open Source Consorcium (OSC), unha organización que está a criticar á BBC por facer que os seus programas funcionen só en Windows, reuniranse para discutiren este tema e debateren alternativas…
A BBC presentará o seu reprodutor este mes, un software que lles permitirá aos seus usuarios ver os programas de TV nos seus ordenadores. Os programas poden gardarse por un número de días até que se borran. A primeira versión do iPlayer só se podía empregar en ordenadores que tivesen Microsoft Windows, mais a versión para Mac aparecerá en outono.
O OSC criticou duramente á BBC por ser un organismo financiado por fondos públicos e adoptar tecnoloxías que excluían directamente ao 25% dos usuarios. A BBC contestou que o seu inicio foi coa versión de Windows porque chegaba a máis persoas. Porén, a BBC tamén está a ser criticada por combinar o seu iPlayer con programas DRM.
