Mancomún

A cidade de Groningen migra a OpenOffice

A cidade de Groningen migra a OpenOffice
OpenOffice logoAs autoridades de Gronigen, cidade Holandesa, decidiron non renovar o seu contrato con Microsoft para o uso da suite ofimática MS Office. En troques, van optar polo uso de OpenOffice coma suite ofimática xa que esta permite traballar co formato ‘OpenDocument’, o que lle está facendo gañar moito peso no seu uso nas administracións públicas debido á súa natureza OpenSource e ao uso de estándares.

Groningen convertirase na cidade máis grande dos Países Baixos que usará Sotfware Libre na súa administración pública. O primeiro efecto desa decisión é o económico xa que permitirá aforrar o primeiro ano a metade do que se viña gastando en licenzas de software propietario.

O presuposto da Administración Local de Groningen para ‘MS Office’ é de 330.000 euros e a migración a ‘OpenOffice’ de todos os seus ordenadores costará unha cantidade sensiblemente menor, da orde duns 160.000 euros, e sen verse na necesidade de renovar a licenza anualmente.

A máis largo prazo, cando a ferramenta esté probada e consolidada, as intencións de Groningen tenderán á ruptura da dependencia dos programas propietarios é a adopción do sistema operativo GNU/Linux, que ao tratarse de Software Libre é renovado e actualizado permanentemente por unha ampla comunidade de desenvolvedores en todo o mundo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal