Durante os días 21, 22 e 23 de setembro terá lugar o IV Ciberencontro na casa da cultura do Concello de Mugardos, organizado pola “Comunidade Linuz o Zulo” e o propio concello. As inscricións xa están abertas.
O evento, tamén coñecido como Kernel 2007, terá relatorios de GNU/Linux, xogos, conferencias, churrascada, etc…; mais aínda está por confirmar o programa definitivo.
Un pouco de historia do evento
A historia do Kernel, remóntase a outubro de 2003 cando Alberto e Evaristo tras uns relatorios e algúns cafés deciden facer as Xornadas de Software Libre Concello de Mugardos, e posteriormente en setembro do 2004 organizar o I CiberEncontro Concello de Mugardos. Nese momento únese Pablo “Ping” e deciden, sen “normas” e dun modo altruísta, denominarse “Comunidade Linux o Zulo”. Xunto con outra xente, reuníronse durante 14 horas para entre outros: compartir ficheiros, experiencias…
No 2006, de novo en setembro, reuníronse para facer a III Edición. As novidades máis destacadas foron: a churrascada do sábado e o MegaFTP que abriron o sábado pola mañá.
A edición do ano pasado foi a edición da consolidación do Kernel, cunha gran afluencia de público (cerca de 65 persoas).
Evento engadido a “Axenda de eventos”.
Fonte da nova:
http://www.mugardosping.org
