Mancomún

A Confederación de Empresarios de Ourense achegou aos empresarios as vantaxes do Software Libre

A Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) organizou unha xornada sobre o Software Libre no eido empresarial para fomentar no sector a utilización desta tecnoloxía dentro dos seus negocios. O relatorio tivo lugar ás 16.15 horas, no salón de actos da CEO e forma parte dunha serie de actividades relacionadas coa promoción do Software Libre. 
 

Na sesión de onte o director da Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense, Enrique Barreiro, falou sobre os diferentes modelos de negocio relacionados co Software Libre. Outro profesor da Escola, Javier Rodeiro, abordou cuestións relativas a como afrontar unha migración a sistemas de código aberto. Ambos docentes participan no grupo de traballo que está a investigar sobre ferramentas libres de xestión empresarial e que conta coa apoio de Mancomun.org a través dun convenio de colaboración. 
 
A próxima charla deste programa de actividades de difusión do Software Libre na Confederación de Empresarios de Ourense terá lugar o día 30 e tratará sobre a explotación do Software Libre na PEME. Haberá sesións tamén os días 13 de novembro e 27 de novembro. Sempre en horario de 16 horas a 20. 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal