A Corte Francesa da Casación estreou o seu novo “website” baseado en Open Source. O sitio web foi desenvolvido en PHP. Inclúe o motor de búsqueda Lucène e basease no sistema de xestión de contidos SPIP- Agora e MySQL como sistema xestor das bases de datos. Cerca de 8000 páxinas dos arquivos das cortes foron incorporados dentro da nova estrutura. …
Esta nova versión da web incorporará novas funcións coma foros de discusión e accesos seguros personalizados. Este anovamento confirma o entusiasmo do sector público francés polas solucións Open Source.
Fonte: Silicon.fr
