Mancomún

A EPO non reabrirá o debate sobre as patentes de software

A Oficina de Patentes Europea (EPO) organizou este mes de xullo unha conferencia na que foron invitados uns 100 membros do parlamento, representantes da industria, ONG e expertos. O obxecto do evento foi examinar a situación actual en relación co debate sobre as patentes de software.

A principal conclusión, despois de dous anos do seu rexeitamento no Parlamento Europeo, é que non reabrirán o debate sobre as patentes de software, nin promoverán nova lexislación neste eido.

Segundo se le na propia páxina da EPO: “Todos os relatores recibiron con inequívoco agrado a oportunidade de discutir o asunto a alto nivel, e deixaron claro que un novo debate sobre as invencións implementadas con computadores seguido de modificacións legais non era nin necesario nin desexable”.

Fonte.- European Patent Office 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal