A [[FSF]] (Free software Fundation) fixo pública a súa primeira distribución GNU/Linux, libre de software propietario xa que este tipo de programas abunda na maioría das distribucións.
A gNewSense está baseada en [[Ubuntu]] GNU/Linux e en [[Debian]] GNU/Linux e ofrece aos usuarios “a estabilidade de Ubuntu e Debian co aditivo da liberdade”, din os desenvolvedores Brian Brazil e Paul O’Malley.
Ted Teah, o responsable do mantemento de Software Libre da FSF explica que “con todo o software privativo retirado do kernel e dos repositorios das distribucións nas que está baseado, quedou un sistema operativo máis avanzado e 100% libre”.
Máis información, na ligazón do proxecto .
Descarga da 1.0 gNewSense
