Mancomún

A galega Quobis Networks convértese en Authorized Reseller de Digium

A empresa galega Quobis Networks, con sede en O Porriño, vén de converterse en Authorized Reseller de Digium®, compañía creadora de Asterisk®. O acordo é válido para España, Francia, Portugal, Italia e Marrocos, países nos que Quobis xa está a traballar para compañías internacionais.

Quobis leva xa anos prestando servizo a administración públicas e empresas no eido das redes de comunicación de nova xeración. Conta pois cunha ampla experiencia na implantación de servizos baseados en [[SIP]], fundamentalmente con solucións de código aberto.

 

Segundo o CEO de Quobis, Iago Soto, “Esta alianza é un paso máis no plano estratéxico para centrarnos en mercados de gran conta no que detectamos unha grande demanda de solucións de telefonía abertas e flexibles.” Pola súa parte, a directora de ventas de Digium, Gayle Magee, recoñece que “esta alianza permitirános expandir a nosa presenza internacional e penetrar con maior forza en novos mercados”.

Fonte: Quobis Networks  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal