Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
A Linux Foundation vén de crear a Green Linux Initiative para reducir o consumo de enerxía do Software Libre. O grupo terá unha reunión en Ottawa onde desenvolverá as súas liñas mestras de actuación. Este proxecto naceu a semana pasada do Linux Foundation Collaboration Summit nas instalacións de Google en Silicon Valley.
Entre os participantes atópanse representantes de Red Hat, Novell ou IBM. O seu traballo non se centrará exclusivamente en hardware senón que tamén traballará no eido das aplicacións e o contorno de escritorio.
