Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
A Fundación Cenatic (Centro Nacional de Referencia de Aplicación de las Tecnologías de la Información y Comunicación basadas en fuentes abiertas), promovida polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, aprobou a incorporación da Junta de Andalucía e da empresa Atos Origin, como novos membros do seu padroado. Este centro tecnolóxico ten como obxectivo converterse nun catalizador do aproveitamento das vantaxes do Software Libre.
Cenatic, creado en novembro do pasado ano en Almendralejo, conta coa participación no seu padroado da administración estatal e da Junta de Extremadura. O centro impulsará a creación de tecido empresarial competente no desenvolvemento de tecnoloxías baseadas en fontes abertas e Software Libre e difundirá o coñecemento xerado a escala nacional e internacional para transferir iniciativas multinacionais de relevancia ao contorno local.
O centro contará con 4 millóns de euros para o orzamento do vindeiro ano.
