Mancomún

A "Junta de Extremadura" confía a Indra o seu sistema de e-administración

O desenvolvemento deste proxecto en Extremadura, basearase completamente en Software Libre e realizarao Indra cun financiamento de 6,3 millóns de euros nun prazo de execución de 34 meses. O proxecto supoñerá a creación de 40 novos postos de traballo no centro de software que a compañía de TI ten en Badajoz.

Con este sistema os usuarios poderán efectuar telematicamente calquera dos 1.050 procedementos existentes: poderanse obter certificados, licenzas, solicitar becas ou subvencións, realizar o pagamento de taxas ou pedir a tarxeta da seguridade social. Outra vantaxe importante é que o sistema permite a colaboración entre funcionarios de distintas consellerías, establecéndose fluxos de traballo que axilicen os procesos así como a creación dun rexistro único de documentos.

Con esta medida, Extremadura pasa a converterse nunha das primeiras comunidades en cumprir a “Ley de Acceso Electrónico a los Servicios Públicos” que recoñece o dereito aos cidadáns a relacionarse coa administración por medios electrónicos.

 

Fonte orixinal da nova:
http://www.indra.es

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal