O Software Libre é seguro, achega calidade, baséase en estándares abertos, ten liberdade para utilizarse en calquera sitio, favorece a cultura da colaboración, aumenta a capacidade tecnolóxica, proporciona aforro de gastos en informática, reduce a dependencia de provedores e fomenta o desenvolvemento da empresa local.
Estes son algúns dos argumentos que se expuxeron na xornada Sourcepyme, un encontro tecnolóxico organizado polo “Instituto Tecnológico Metalmecánico (AIMME)”, o “Instituto Tecnológico del Plástico (AIMPLAS)” e o “Instituto Tecnológico de Informática (ITI)”, no que se deron cita máis de 200 expertos para reflexionar sobre as numerosas vantaxes que o Software Libre pode achegar ás empresas da Comunidade Valenciana…
O Software Libre é, sen dúbida, unha oportunidade nova para as empresas da Comunidade Valenciá. Ante esta circunstancia, segundo o director de AIMME, Salvador Bresó, o papel dos institutos tecnolóxicos é o de actuar de elemento de difusión de todas aquelas vantaxes que as novas tecnoloxías poden ofrecer ás empresas, pois, na súa opinión, “os centros tecnolóxicos teñen que aproximar a ciencia e os avances tecnolóxicos ás empresas”.
