Co fin de promover a innovación a Oficina d’Innovació Empresarial d’Andorra achegou ás empresas do principado veciño as vantaxes do Software Libre. O relatorio que ofreceu esta institución do goberno andorrano tivo por título Programari lliure: avantatges i casos d’èxit en empreses i institucions. A charla buscaba demostrar que este tipo de aplicacións informáticas son competitivas en calidade e servizo.
A Oficina d'Innovació Empresarial d'Andorra promove o código aberto entre a PEME andorrana
