Mancomún

A policía francesa anuncia que instalará Ubuntu en 70.000 computadores

A migración realizárase nun prazo de cinco anos. A Xendarmería segue cos seus plans de introducir o Software Libre nos seus sistemas como medida de choque para reducir os seus custos nesta área. Fará uns tres anos, decidiu substituír a suite ofimática de Microsoft (Office) por [[OpenOffice]]. En xaneiro do 2006, deu un paso máis apostando por [[Firefox]] e [[Thunderbird]].

Agora anunciou que migrarán os seus equipos de escritorio a [[Ubuntu]] nun prazo duns cinco anos.

“Instalaremos Ubuntu cada vez que teñamos que substituír un computador de escritorio. Polo tanto, este ano esperamos migrar entre 5 mil e 8 mil equipos e, a partir de 2009, mudalos a un ritmo de 15 mil por ano”, sinalou a AFP o coronel Nicolás Geraud, subdirector do departamento de TI da policía francesa.

As tres razóns para este cambio son: diversificar aos seus provedores, evitando a dependencia dunha soa compañía; darlle á policía o control sobre o sistema operativo; e por un tema de custos.

Ao elixir OpenOffice e os produtos Mozilla, este organismo aforrou máis de 10 millóns de dólares ao ano.

 
Fonte: Noticiasdot.com
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal