Mancomún

A policía sueca empregará Software Libre nas súas bases de datos

A policía nacional sueca está migrando os seus sistemas informáticos a software libre. De acordo cunha nota de prensa publicada por MySQL AB, a compañía de orixe sueco que desenvolveu [[MySQL]], as forzas policiais empregarán esta base de datos, unha aplicación web baseada en java empregando JBoss, apache e Suse GNU/Linux coma sistema operativo.

A compañía declarou que a policía xa comezara coa migración de varios dos sistemas actuais. “No futuro, as solucións informáticas, estarán baseadas estrictamente nesta solución de software libre”. A compañía tamén aclarou que a motivación desta migración era principalmente de aforro en custos e maior eficiencia.

 

“O noso obxectivo principal é reducir custos e reducir o risco de depender da tecnoloxía dun vendedor debido a alta seguridade e fiabilidade inherentes ao traballo policial” declarou Per-Ola Sjöswärd, director executivo de estratexias para a policía nacional sueca.

Calcúlase un aforro do 50 por cento comparando esta solución con outras propietarias (cabe destacar que contan con máis de 25.000 empleados), ademais, a policía puido cubrir os custos de equipar 400 coches policía.

Ligazón: IDABC
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal