Mancomún

A Unión Europea financiará modelos de desenvolvemento baseados no uso do Software Libre

Co nome de FLOSSInclude e financiado polo VII Programa Marco da Unión Europea, o proxecto de dous anos de duración será levado a cabo por un equipo formado por institutos de investigación, axencias gobernamentais, empresas privadas e organizacións non gobernamentais de 9 países: Arxentina, Camboia, China, Ghana, India, Sudáfrica, Reino Unido e España. O consorcio está encabezado por UNU-MERIT, un centro de formación e investigación integrado da Universidade das Nacións Unidas e da Universidade de Maastricht en Holanda.

 
O proxecto FLOSSInclude porá en marcha unha análise exhaustiva das necesidades técnicas, de mercado e socio-políticas para o crecemento do uso, despregamento e desenvolvemento do FLOSS nas rexións que forman parte do consorcio. Ademais o proxecto tamén se propón consolidar a rede que se vai a crear durante a realización do estudo para promover a colaboración internacional entre a UE e países en vías de desenvolvemento. A importancia para España deste singular proxecto sublíñase coa participación nel da Universidade Rei Juan Carlos e a Fundación para o Desenvolvemento da Ciencia e a Tecnoloxía en Estremadura (FUNDECYT).

FLOSSInclude completa o traballo xa emprendido por varios dos socios no seu estudo pioneiro FLOSWorld proporcionando unha análise contextual baseado nas experiencias particulares e nacionais das organizacións e países participantes.

En concreto FUNDECYT coordinará o paquete de traballo máis ligado cos aspectos sociais do Software Libre, dada a súa experiencia consecuencia do impacto social obtido en Estremadura tanto coa utilización de software de código aberto, como coa creación da incubadora de empresas de base tecnolóxica. Ademais encargarase dar soporte ás redes de colaboración e a diseminación dos resultados finais do estudo.

Os primeiros esforzos dos socios servirán para pór en práctica servizos, ferramentas e solucións baseadas en FLOSS, asegurándose da súa efectividade en custos e a súa utilidade en diferentes contornos. O resultado plasmarase nunha “folla de ruta” para a futura cooperación en investigación para o desenvolvemento na UE, a partir de solucións validadas para necesidades claramente identificadas. Xunto co empuxe masivo a diseminación e colaboración en rede, FLOSSInclude ten como obxectivo asegurar un impacto máis aló da duración do proxecto. Pódese atopar a declaración de intencións dos participantes nesta ligazón.

 
 
Fonte: Regiondigital.com  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal