Mancomún

A versión 2.2 do WordPress dispoñible en galego

A versión 2.2 do WordPress dispoñible en galego
Wordpress logoA empresa Tagen Ata vén de poñer a disposición da comunidade o sistema de xeración de blogues libre WordPress na súa versión 2.2 en galego. Podedes acceder á tradución no Wiki de Mancomun.org así como ás anteriores versións. O responsable oficial do WordPress en Galicia, Amador Loureiro Blanco, subiu o programa aos repositorios oficiais. Recordámosvos que podedes editar o wiki incorporando novo Software Libre traducido ao galego e incorporando información e documentación ao portal.
 

WordPress é un sistema de contidos enfocado á creación de blogues, desenvolvido en PHP e MySQL baixo licenza GPL. O seu uso está moi estendido, entre outras causas, polo seu fácil uso, a súa licenza e as características como xestor de contidos. Posúe unha comunidade de desenvolvedoras e desenvolvedores ampla encargada de desenvolver complementos e temas.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal