Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
Dende o pasado 1 de setembro está aberto o prazo para inscribirse no Primeiro Concurso Universitario de Software Libre. Esta iniciativa pretende estimular aos estudantes universitarios para que se involucren na participación e creación de proxectos baseados en Software Libre.
O concurso permitirá crear as condicións idóneas para xerar un tecido tecnolóxico de futuros profesionais que serán capaces de dar soporte de solucións baseadas en Software Libre a empresas e á administración. A iniciativa conta coa colaboración da Junta de Extremadura, a Universidade de Sevilla, o grupo SOLFA (Software Libre e de Fonte Aberta) e a revista Linux Magazine, así como diferentes patrocinadores.
Máis información: Web do concurso
