Actualidade
Publicada a Guía de recursos de software libre para mulleres emprendedoras do rural
A publicación busca fomentar o empoderamento dixital das mulleres, impulsar a innovación e promover o uso de tecnoloxías abertas como motor de desenvolvemento económico e social Ofrece solucións prácticas para as emprendedoras, desde a xestión de proxectos e comunicación ata o comercio electrónico e a creación de contido A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de […]
A Xunta de Galicia libera como software libre o proxecto “Apunta” para facilitar a súa reutilización
A Xunta vén de publicar a plataforma web Apunta (https://apunta.xunta.gal/gl) como software libre. Esta ferramenta, desenvolvida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), facilita que os cidadáns poidan inscribirse en actividades organizadas pola Administración autonómica e as súas entidades públicas instrumentais, así como enviarlles determinadas comunicacións. Apunta permite a publicación rápida de formularios web […]
O software libre nos concellos de Galicia. Edición 2023
O informe do software libre nos concellos elaboráse en base a unha enquisa dirixida a todos os concellos de Galicia que se realiza cada dous anos mediante formularios electrónicos. OSIMGA deseña a enquisa e a oficina eConcellos colabora coa realización do traballo de campo. Os resultados que se presenta foron recollidos a finais de 2023 […]
Presentación da Guía de Accesibilidade na Tecnoloxía
A accesibilidade no software é clave para garantir que todas as persoas, independentemente das súas capacidades, poidan usar aplicacións e servizos dixitais sen barreiras. Con este obxectivo, presentamos a Guía de Accesibilidade na Tecnoloxía, un recurso dirixido a entidades desenvolvedoras e profesionais do sector TIC que desexan mellorar a accesibilidade das súas solucións. 📅 Data: […]
Migración de Schleswig-Holstein a LibreOffice
Actualización sobre a migración de Schleswig-Holstein a LibreOffice. Hai case un ano, informaron sobre o plan do estado alemán de Schleswig-Holstein para migrar 30.000 ordenadores de Microsoft Office/365 a LibreOffice. Agora, Stephane Fermigier, de EuroStack – unha iniciativa que promove a soberanía tecnolóxica europea e o software libre – publicou unha actualización citando un artigo […]
Lanzamento de GIMP 3.0
Tras sete anos de desenvolvemento, chega GIMP 3.0 cunha gran actualización da interface gráfica a GTK3 e moitas melloras en usabilidade e novas funcionalidades. Cambios máis destacados – Nova Interface GTK3: Mellor soporte para pantallas HiDPI, temas en CSS e compatibilidade con Wayland. – Efectos de capa non destrutivos: Agora os filtros poden editarse sen […]
144 – Resumo das novas
Resumo das novas que nos chamaron a atención os últimos días no Portal de Mancomún.
A OSI apoia os Principios de Código Aberto das Nacións Unidas
A comunidade Open Source United das Nacións Unidas e a Open Source Initiative (OSI) anunciaron hoxe que a OSI converteuse na primeira organización en apoiar oficialmente os Principios de Código Aberto da ONU. Estes principios, recentemente adoptados pola Rede de Tecnoloxía Dixital (DTN) da Xunta de Xefes Executivos da ONU, establecen directrices para fomentar a […]
Trinidad e Tobago terá unha Oficina de Software libre
Trinidad e Tobago establecerá a súa primeira Oficina de Programa de Código Aberto (OSPO) tras ser seleccionada pola iniciativa Open Source Ecosystem Enabler (OSEE) como país piloto. O obxectivo principal desta iniciativa é fomentar a prestación de servizos públicos dixitais accesibles, inclusivos e sustentables para as comunidades locais. A creación da OSPO busca apoiar a […]
Melloras en Calibre
As principais novidades que trae Calibre 8.0 son: un novo Motor Neural para unha funcionalidade de “Ler en voz alta” e a conversión de texto a voz máis realista, así como soporte nativo para o formato Kobo KEPUB. Calibre agora ofrece un soporte mellorado para os lectores electrónicos de Kobo. Agora é compatible de forma […]
 
					 
		 
			
 
				