Mancomún

Actualización do software da Forxa de mancomun

ForxaO software da forxa de mancomun (https://forxa.mancomun.org) foi actualizado á última versión 4.6 que corrixe diversas vulnerabilidades e conta con diversas vantaxes.

Entre estas vantaxes destacan unha mellor integración e tradución ao galego é novas características que achegan máis información aos proxectos. Por exemplo, cóntase agora co novo separador de actividade para saber ás últimas actualizacións do proxecto, saber en todo momento o estado (e como de activo se atopa) e axudar a fomentar un clima de colaboración e de competición entre os proxectos máis activos.

Tamén se incluíu nesta versión un complemento para facer buscas globais entre as diferentes forxas sindicadas, de modo que calquera busca na Forxa, procurará tamén nas asociadas, un feito que permitirá construír unha rede de colaboración entre as diferentes forxas.

Esta nova versión tamén inclúe vantaxes a nivel de administración, como un código máis estruturado, ademais de facilidades que permitirán ter un contorno máis flexíbel, o que repercutirá nas persoas usuarias e lles permitirá aos administradores unha xestión máis eficaz.
Por último, a tradución ao galego trátase dunha versión beta que aínda está pendente dunha última revisión.

Ligazón oficial: https://forxa.mancomun.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal