Debian anunciou a primeira actualización da distribución “stable” Debian GNU/Linux 4.0, tamén coñecida como “etch”. Esta actualización engade fundamentalmente correccións a problemas de seguridade, xunto con algúns axustes que resolven problemas serios. Ademais esta primeira actualización corrixe algúns problemas que foron detectados demasiado tarde durante o proceso de liberación.
A actualización pódese facer coa ferramenta de xestión de paquetes “apt”.
