Adobe pretende converter o seu formato PDF nun estándar ISO. Abrindo PDF, segundo apuntan algúns analistas, congraciaríase con gobernos de todo o mundo que poderían adoptalo coma formato oficial para os seus documentos.
Adobe ten previsto dar as especificacións que forman a base do seu formato PDF na súa versión 1.7 á ECMA (Enterprise Content Management Association) que creará un grupo de traballo no que estarán incluídos desenvolvedores, clientes e administracións para converter PDF nun estándar ISO. O proceso de estandarización podería levar entre un e tres anos.
