Ainfogra preséntase coma un proxecto dirixido a introducir o Software Libre no mundo rural a través da difusión, formación e desenvolvemento de software destinado á xestión integral de explotacións agrarias.
O proxecto conta co cofinanciamento da Consellería de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información e vaise desenvolver durante os anos 2006 e 2007.
No que depara o futuro inmediato desenvolveranse novos manuais (Internet, comercio electrónico). Asemade tamén se vai desenvolver un software dirixido á xestión integral de explotacións agrogandeiras.
