Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.
O Concello de Barcelona ven de publicar a terceira entrega dos seus cadernos de alfabetización tecnolóxica. O documento céntrase nas ferramentas de Internet: o cliente de correo Thunderbird e o programa de mensaxería instantánea Gaim.
A terceira entrega escribiuna Jordi Màs e está editada por Edit Lin. Os próximos Cadernos de Formación Tecnolóxica dedicaranse ao Gimp e ao InkScape (setembro de 2006), ao OpenOffice-Write e o OpenOffice-Calc (novembre de 2006) e ao OpenOffice-Base (marzo 2007). A terceira entrega todavía non está dispoñible na web pero poden descargarse as anteriores dende aquí.
Esta iniciativa está impulsada pola Concellería de Cidade do Coñecemento e ten como obxectivo que as novas tecnoloxías cheguen ao conxunto da poboación.
Fonte.- Lafarga.cat
