As diferentes asociacións que apoian este documento fan un chamamento a todos aqueles que se identifiquen coas demandas do manifesto para que fagan chegar este documentos aos seus respectivos concellos a través do rexistro xeral dando instrucións de como facelo.
Estes grupos consideran de vital importancia a implantación do Software Libre en ámbitos estratéxicos como a comunicación entre a cidadanía e a administración, a implantación das TIC nos concellos, o ensino e a PEME ou a presenza da lingua galega na sociedade da información.
Demándase a comunicación cos cidadáns empregando formatos libres e abertos, usos e desenvolvementos de Software Libre dentro da administración local sobre plataformas abertas, emprego do Software Libre na educación e promoción do uso e desenvolvemento de Software Libre no tecido social e económico.