Acaba de saír á luz a versión 1.00 do software Anjelica (con J de Java) orientado á xestión de empresas cárnicas.
O software foi desenvolvido durante os últimos catro anos, pero segundo o autor “Aínda faltan multitude de consultas, listados, estatísticas e aplicacións que se poderían desenvolver. Moitos módulos que se poderían implementar e/ou mellorar, pero Anjelica é estable e funcional.
Con Anjelica poderá realizar os seus pedidos de ventas e compras, emitir os seus albarás e facturas, controlar o almacén, levar o control dos pagos e cobros pendentes,etc.
Pero o que diferencia a Anjelica doutros programas de xestión é que está pensado para ser usado nas empresas onde se necesite levar a trazabilidade dos seus produtos…
- Realice despeces dos seus produtos, para logo valoralos facilmente coas cómodas ferramentas automatizadas.
- Identifique cada individuo especificando o seu país de orixe, peso, matadoiro, data produción e caducidade, etc.
- Contorno de preparación de albarás separado entre almacén e Administración
Máis información na páxina oficial do proxecto:
