Recentemente liberouse Apache Maven 1.1. Maven é unha ferramenta de xestión de código aberto para desenvolvedores que empregan Java.
Nesta nova liberación resolvéronse algúns erros e fixéronse algunhas modificacións de seguridade. Esta versión 1.1 é, salvo en contadas ocasións, compatible con Maven 1.0.
Maven corre baixo sistemas operativos baseados en Unix, incluíndo Linux, Mac Os X, así como en Windows 2000/XP…
Fonte:
http://www.linux.com
