Mancomún

Apple libera o código do Darwin Calendar Server.

Apple vén de anunciar na WWDC Worldwide Developers Conference que libera o código fonte do Darwin Calendar Server .

Trátase dun servidor de calendario baseado en estándares abertos que permite que múltiples usuarios compartan información dun calendario colaborativo. Esta información gárdase nun repositorio central na rede ao que acceden vía web tódolos usuarios do mesmo.

A fin de obter a maior interoperabilidade cos clientes de calendario actuais, iCal 3 en Leopard, Sunbird de Mozilla, OSAF’s Chandler ou Microsoft Outlook, o servidor Darwin implementa o protocolo CalDAV , e formatos de intercambio como iCalendar, iMIP e iTIP.

Fonte: DiarioLinux

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal