Mancomún

Apricot Open Game Project: Xogo en Software Libre

As comunidades Blender e Crystal Space xuntaron esforzos de novo, aínda que desta vez o resultado non vai ser unha película, como foi Peach, senón un xogo 3D en Software Libre. O obxectivo do proxecto Apricot é demostrar que é posible realizar videoxogos 3D en Software Libre e de calidade. Para o proxecto usarase Blender como ferramenta de creación de modelos e Crystal Space será usado como motor 3D.

Ao igual que fixeron para as películas anteriores, xa se iniciou unha pre-campaña para vender o DVD do xogo, e todos aqueles que o compren agora, irán incluídos na intro e nos créditos finais do mesmo. Ademais no DVD incluirase toda a documentación e material necesario para modificar o xogo…

No anuncio do proxecto, recordan que aínda que queren desenvolver o xogo, o obxectivo real do proxecto e mellorar e difundir unha liña en Software Libre para a creación profesional de xogos, todo enfocado ao redor de Blender como ferramenta de modelado e animación e Crystal Space como motor gráfico 3D.

 

Páxina do proxecto:
http://apricot.blender.org/?page_id=8 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal