Mancomún

Arquivos de radio e TV empregarán GNU/Linux nos seus equipos

A radio e a televisión estatal turca empregará GNU/Linux e outras aplicacións de código aberto para o seu arquivo dixital e sistema de análise. O software de código aberto será empregado tanto para os escritorios como para o eido da xestión das oficinas.

De acordo aos plans publicados este mes, «Digital Recording, Archival and Analysis system (Skaas)» (Gravación dixital, Sistemas de arquivo e análise), o consello da radio turca RTUK rexistrará e arquivará máis de 210 emisións de televisión e 860 de radio. Máis de 40 escritorios serán empregados para analizar estas emisións activas e preto de 200 servidores rexistrarán as emisións entrantes. Tódolos ordenadores estarán conectados a sintonizadores tanto terrestres coma por satélite. Postgresql é o sistema xestor de bases de datos elixido para almacenar os datos das emisións.

Varias distribucións de GNU/Linux empregaranse nos escritorios e servidores Skaas. Para a fase inicial do proxecto, foi elixida a distribución Pardus GNU/Linux. Esta distribución é desenvolvida polo Instituto Nacional de Electrónica e Criptografía de Turquía (Uekae).

RTUK e Ukae asinaron un acordo inicial para Skaas en frebreiro do pasado ano. As dúas organizacións comezaron despois a redeseñar o anterior sistema de arquivo. Agárdase que o novo sistema sea completamente funcional o ano próximo.

Fonte: IDABC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal