Os usuarios da Softpedia establecen o ranking das dez mellores aplicacións de escritorio baixo licenzas de código aberto en 2007. As aplicacións escolléronse en función da utilidade e número de descargas por parte dos usuarios durante o pasado ano.
A clasificación quedou da seguinte maneira:
- GIMP, GNU Image Manipulation Program, software de retoque fotográfico.
- Mplayer, reprodutor de vídeos.
- Amarok, reprodutor de sons ao estilo de iTunes.
- Pidgin, cliente de mensaxería multiplataforma (AIM, IRC, Yahoo, Google Talk, MSN, …).
- OpenOffice.org, suite ofimática (procesador de textos, follas de cálculo, base de datos, …).
- Wine, implementación da API de Windows para sistemas baseados en Unix.
- K3B, aplicación para grabación de CD e DVD en sistemas GNU/Linux.
- Firefox, navegador web personalizable, rápido e seguro.
- Thunderbird, cliente de correo electrónico, lector de novas RSS, grupos de novas (newsgroup), …
- Filezilla, un cliente FTP, FTPS e SFTP multiplataforma con moitas características útiles e interface intuitiva.
Fonte: Softpedia
