As Ciberirmandades da Fala remataron de traducir o sistema de foros phpBB coa axuda de voluntarios dende a súa páxina web. A versión traducida está baseada na normativa da Real Academia Galega e constaba dun total de 5545 cadeas. Agora só falta que saia a versión definitiva do phpBB3 para que poidamos desfrutalo en galego.
As Ciberirmandades empregan unha ferramenta colaborativa chamada TraduCif e que estaba baseada no software Entrans que tamén utilizamos en www.mancomun.org/entrans.
