A “British Educational and Tecnology Agency” (BECTA), axencia gobernamental encargada do desenvolvemento informático e tecnolóxico no sistema educativo británico, advirte nun novo informe que as escolas británicas non deben actualizar o seu software nin a Vista nin a Office 2007.
Segundo o informe, a actualización a Vista nas escolas de Gran Bretaña, custaría ao redor de 350 millóns de dólares, dos cales dúas terceiras partes irían ás arcas de Microsoft e o resto á instalación, probas e actualizacións de hardware.
En canto a Office 2007 máis do mesmo. A axencia “non encontra argumento convincente algún para o seu despregue”, como xa ocorrera no seu informe preliminar de xaneiro de 2007.
Neste mesmo informe, o organismo xa indicou que as escolas primarias podería aforrar o 50% dos gastos en ICT usando Sofware Libre…
http://www.theinquirer.es
http://publications.becta.org.uk
