A medida afectará a 15 escolas secundarias e 125 primarias, e a empresa encargada de prover de e-mail e correo electrónico a todas elas será Sirius Corporation.
Sirius Corporation terá que construír un sistema que terá que prover de correo electrónico a todos os estudantes e mestres de Carmarthenshire (uns 40.000 aproximadamente). Inicialmente, só entre 3.000 e 5.000 mestres terán acceso ás súas contas de correo, mentres a maioría do proxecto se completará a finais de outubro.
A empresa Sirius usará un servidor baseado en [[Debian]] GNU/Linux para crear e manexar as novas contas de correo, e ademais implementarán unha solución consistente na modificación doutras aplicacións tamén baseadas en Software Libre, incluíndo GOsa (ferramenta de manexo de contas de correo) e Squirrelmail (un cliente de correo en Software Libre).
Dende o concello tamén consideraron o software propietario; mais tiveron que descartalo, basicamente polo custe.
“O software propietario viña a ser significativamente moito máis caro, sobre todo polas licenzas. Claramente, o prezo das licenzas por usuario serían prohibitivas”.
Podes ler máis sobre esta noticia na fonte orixinal: news.zdnet.co.uk
