Asturias acolleu o pasado 2 e 3 de xullo a II Asamblea Xeral da plataforma
INES. Esta plataforma conta cun
grupo de traballo específico de Software Libre que durante eses días traballou sobre a axenda estratéxica para os próximos meses. Os obxectivos que propón o grupo son:
- Comprender e predicir a evolución do Software Libre
- Mellorar a colaboración entre os distintos axentes integrantes da comunidade de Software Libre
- Desenvolver escenarios e servizos
- Realimentar as partes activas da comunidade
INES é a Plataforma Tecnolóxica Española na área dos Sistemas e Servizos Software e constitúe unha rede de cooperación científico-tecnolóxica integrada polos axentes relevantes da área (empresas, universidades, centros tecnolóxicos, etc.). Existe unha plataforma similar a nivel europeo chamada
NESSI e outra de ámbito autonómico chamada
Vindeira.
INES nace co fin último de incrementar a competitividade da industria situándoa entre os líderes europeos no campo dos sistemas e servizos software de aí aimportancia dun grupo de traballo sobre Software Libre.