Mancomún

Atnag, programa para o deseño de xogos educativos en galego

O proxecto ATNAG é un proxecto educativo orixinariamente destinado ao profesorado de educación infantil. O seu obxectivo é proporcionar un conxunto dinámico de xogos, que dean liberdade e total autonomía, para establecer e axustar os obxectivos pedagóxicos ás características dun grupo de alumnos. Dispoñemos de versión galega grazas a Xosé Antón Vicente Rodríguez, responsable do Freeware World Team sección galega e mestre do CEIP O Piñeiriño en Vilagarcía de Arousa. A coordinadora de este proxecto en español é María Dolores Almansa.

Cada xogo permite ao profesorado establecer os parámetros idóneos antes de asignarllo ao alumno. Por outra banda, tamén dispón dunhas ferramentas gráficas moi simples para crear os seus propios recursos.

Finalmente, e en coherencia cos obxectivos do Software Libre, é importante lembrar o traballo colaborativo que promove, permitindo poñer a disposición de toda a comunidade educativa os recursos que se produzan. Ademais conta cunha ampla documentación que facilita o labor pedagóxico.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal