Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/postgresql.pngPostgres Forms (pfm) é unha aplicación que permite deseñar informes e formularios para traballar cos rexistros das táboas dunha base de datos PostgreSQL.

As principais características de pfm son:

  • deseñar formularios para engadir, modificar ou eliminar rexistros das táboas da base de datos;
  • deseñar as ligazóns (relacións un a moitos) dende un formulario a outro para navegar pola base de datos;
  • deseñar e xerar informes baseados nos datos dunha táboa ou vista;
  • editar e executar sentencias SQL.

http://www.mancomun.org/images/stories/postgres-pfm.png

Pantallazo de Postgres Forms en funcionamento

 

Postgres Forms está implementado en Tcl/Tk proporcionando unha interface para a creación de informes e formularios sendo necesarios certos coñecementos en SQL para poder traballar coa ferramenta. Por iso é moi recomendable, antes de comezar a traballar con PFM, ler a documentación para familiarizarse co funcionamento da ferramenta.

Pfm está dispoñible para contornos nos que traballe Tcl/Tk. Na forxa de Postgres están dispoñibles as versións para MS Windows e GNU/Linux.

 

http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.pngVemos na web da Ciberirmandade da fala que xa teñen dispoñible para a súa descarga o frontal do joomla 1.5 traducido ao galego.

A tradución está baseada no traballo feito por voluntarios e voluntarias no TraduCIF na súa web, e completada, revisada e coordinada por Daniel Muñiz, membro do grupo Trasno.

Comentan tamén que aínda queda algo de traballo de revisión, polo que calquera suxestión, consulta ou dúbida será benvida a través dos seus foros.

 

OBOOE é unha nova Federación Europea que reúne a asociacións empresariais e organizacións relacionadas co Software Libre. Os obxectivos da Federación son os de fomentar a creación de redes entre fronteiras para as iniciativas nacionais, e converterse nunha voz para o sector.

As pequenas e medianas empresas (PEME) son as que crean a maioría dos produtos e solucións de Software Libre. Na actualidade, esta nova florecente industria de PEME está insuficientemente representada e a maioría da comunicación acerca das políticas de TI segue estando controlada polas grandes empresas.

Para cambiar esta situación, os representantes da industria de Software Libre reuníronse en Berlín o 10 de xaneiro. Decidiron pór en marcha unha Federación Europea de Asociacións de empresas de código aberto. A iniciativa, chamada OBOOE (Open Source Business Organizations Of Europe), ten como obxectivo agrupar as asociacións nacionais e rexionais das empresas de código aberto.

Con especial atención para as PEME, OBOOE aspira a converterse nunha voz común para a industria europea de software de código aberto. Vai promover e defender os intereses comúns deste novo ecosistema aberto que envolve ás PEME e os usuarios dos sectores privado e público.

Xavier Heymans, Bruxelas, o director xeral de zeapartners.org, rede de PEME de máis de 14 países, di: “OBOOE aumentará a concienciación nos éxitos das empresas de código aberto, cun enfoque especial nas Pemes. Polo tanto, apoiará e promoverá os intereses do ecosistema de código aberto ao contribuír a promocionar a eficiencia do mercado e o apoio a unha florecente industria europea.”

 
Fonte: DiarioLinux.com  

Os premios “Bancaja Jóvenes Emprendedores” acaban de entregarse e unha das empresas gañadoras foi a empresa vasca ” Sharika Digital S.L.L.” que foi premiada por “Desenvolvemento de aplicacións de alto valor engadido utilizando Software Libre.”

Ademais nestes premios tamén foron premiadas 5 empresas galegas, unha das cales, Quobis Networks, está rexistrada no noso “Directorio de empresas de Software Libre ” de Galicia.

 

Fonte:
http://www.obrasocial.com

XiTi Monitor lanzou un informe da utilización dos navegadores de Internet actualizado a Decembro de 2007, para iso rastrexaron preto de 112000 webs. En Europa Finlandia mostra o nivel máis alto de participación de Mercado, con 45.4%, superando a Eslovenia, que se converte en segunda con 44.6%. En termos xerais Europa viu un incremento do uso de Firefox dun 0.7%.

Sudamérica subiu dun 11.1% a un 20.2%, os EEUU e un 14.5% a un 21%, Asia dun 11.8% a un 16.5%, África dun 12.4% a un 16.6% e Europa dun 23.2% a un 28% no mesmo período. A estimación actual é que hai entre 120 a 150 millóns de usuarios de Firefox, sumándose a esta cifra 40 millóns de usuarios por ano.

 

Estatisticas

Fonte: Noticiastech.com

http://www.mancomun.org/images/stories/pidgin-plugins-logo.pngThe Purple Plugin Pack é un paquete de módulos adicionais para Pidgin creado orixinalmente por Gary Kramlich e Stu Tomlinson, que se distribuíu como unha lista de complementos para o programa de mensaxería Pidgin. Estes complementos extenden as funcionalidades do cliente de mensaxería incluíndo novas características como autorespondedores, xestión da lista de contactos, integración con programas externos, …

Para que The Purple Plugin Pack traballe correctamente precisa ter instalado Pidgin e requiere GTK máis Glib.

Son máis de 50 os complementos dispoñibles neste paquete, algúns exemplos son:

  • AutoReply, un complemento que permite personalizar as mensaxes de resposta automática para calquera protocolo. Ademais permite programar as diferentes mensaxes de resposta en función do contacto.

  • List Handler, é unha solución para importar a lista de contactos e podela exportar a outras contas. Garda os ficheiros en formato XML podendo importar os contactos dunha conta para outra.
  • Ignore, permite ignorar selectivamente aos contactos seleccionados.
  • Last Seen, visualiza o tempo que leva o contacto sen conectarse e cal fora a última mensaxe recibida.
  • Highlight, este complemento engade soporte para resaltar as palabras especificadas polo usuario.
  • Nick Said, fornece a posibilidade de saltar a unha conversa onde o teu nome sexa mencionado. Tamén se pode personalizar para alertar cando determinadas palabras estean nunha conversa.

O paquete con todos os complementos está dispoñible nos repositorios de Ubuntu, basta con executar o seguinte comando:

sudo apt-get install pidgin-plugin-pack

 

Para máis información do complemento consultar o wiki do proxecto:

http://plugins.guifications.org/trac/wiki/PluginPack

War§ow é un xogo de acción 3D, baixo licenza [[GPL]] e dispoñible para diferentes plataformas, cunha estética colorista estilo cómic. Publicouse unha nova versión de War§ow, a 0.4, que supón unha importante evolución no motor do xogo.

A lista de novidades é a seguinte:

  • WarsowTV: Mediante este sistema é posible transmitir as imaxes das partidas en directo a un elevado número de espectadores.
  • Mellorouse o rendemento do motor do xogo e engadíronse efectos de bumpmapping, specularmapping e shadowmapping. Tamén é posible crear configuracións diferentes de vídeo, para poder intercambiar rápido entre elas.
  • Engadíronse novos mapas ao xogo, e os que xa había recibiron un lavado de cara para adaptalos ás novas características do motor.

  • Novo modelo de arma chamada “Instagun” e un novo personaxe: Bobot.
  • Engadido o modo de xogo Duel Area (1v1) e fixéronse axustes nos modos iTMD e CTF.  
  • Realizáronse diversos axustes nas armas que lles dan novas posibilidades de uso.
  • O xogo é agora compatible con MacOS X.
  • Para botar unha partida é necesario descargar o xogo completo (uns 168 MB).

Descarga: Warsow

Fonte: Linuxjuegos.com

Para todos aqueles que buscan unha alternativa en Software Libre a programas para clonación de discos duros (como Norton Ghost ou Zenworks, por exemplo), aquí vos ofrecemos unha lista con varias aplicacións:

  • Free, Open-Source Ghost (FOG):
    Suite para clonado de discos para Windows XP e Vista que ten incluso interface web para xestionala. Un dos inconvenientes é que polo de agora só pode xestionar unha soa partición de disco.
  • PING: “Partimage Is Not Ghost”:
    É un live-CD de Linux baseado en LFS (Linux From Scratch). Permite facer copias completas de particións, soporta backups a través de protocolos Samba (SMB), da BIOS, creación de DVD de restauración, etc…
  • Partition Image:
    Utilidade Linux/Unix paracida ao Ghost de Symantec. Traballa cos seguintes sistemas de ficheiros: EXT2, Reiserfs, NTFS, HPFS, FAT16 e FAT32. Ten capacidade para comprimir as imaxes con bzip2 ou gzip e tamén pode dividilas en varias máis pequenas para poder gravalas máis facilmente.
  • g4u “ghost for unix”:
    É un live-CD que permite o clonado dos discos usando FTP. Usado para restaurar unha imaxe de instalación dun PC en varios idénticos. O disco de arranque ofrece dúas funcionalidades: subir a imaxe comprimida do disco a un FTP, descargala a través do FTP e restaurala no disco. Permite o clonado tanto de particións como de discos enteiros…

 

  • Linbox Rescue Server (LRS):
    Ferramenta para centralizar as imaxes dos discos duros (ao estilo do Ghost Enterprise Server), backups de ficheiros, inventario de hardware e software de sistemas Windows, Linux e Mac OS X, … Pódese xestionar a través de web e as imaxes poden restaurarse usando PXE ou un CD/DVD con arranque. Soporta Ext2/3, ReiserFS, XFS, JFS, e LVM v1/v2.
  • Clonezilla:
    Ferramenta de clonado de discos que ten como particularidade que só salva e restaura os bloques de disco que están en uso. Foi usado para clonar un disco de 5GB a 40 clientes en tan só 10 minutos.
 
Máis información na fonte orixinal da nova:
http://cyberpunkcafe.com/page.php?82

Segundo a publicación Heise.de, a entidade xermana da dirección xeral do traballo converteu 13.000 computadores Windowsen computadores con GNU/Linux. A razón indicada é que o uso de Linux será máis seguro e máis barato.

Klauss vitt, director do proxecto, comentou á publicación que Windows NT e Internet Explorer non foran “tecnoloxicamente actualizados” e que “o cambio de plataforma flexibilizara o noso traballo, facilitando ademais a incorporación de novas tecnoloxías na medida que estas estén dispoñibles”.

A distribución elixida foi unha versión modificada de OpenSUSE e como navegador web usarán Firefox.

Fonte:
http://diarioti.com

http://www.mancomun.org/images/stories/wordpress-logo.jpgO 24 de xaneiro de 2003, Matthew Mullenweg anunciaba no seu blogue a súa intención de crear unha derivación (fork) do programa para creación de blogues b2/cafelog. Ese fork acabou sendo WordPress.

Pasaron 5 anos e hoxe en día WordPress é o software de creación de blogues máis popular do planeta. Feliz aniversario!

Fonte da nova:
http://www.marcelor.com

O Real Clube Celta de Vigo presentou onte a súa nova tenda virtual: http://www.tiendacelta.com/, onde se poden adquirir todos os produtos relacionados co equipo.

A nova tenda virtual está construída sobre a solución de Software Libre “osCommerce“, unha das aplicacións para comercio electrónico de uso máis estendido. Asemade, esta opción implica o uso dunha contorna con Apache, MySQL e PHP…

http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.pngHardy Heron é o nome da próxima versión de Ubuntu, en concreto a 8.04 e que será a segunda versión con LTS (Long Time Support).

Desde AGNIX, anuncian que a través da plataforma Launchpad xa se pode axudar a traducir ao idioma galego esta versión de Ubuntu.

A ligazón para axudar en dita tradución é a seguinte: https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/hardy/+lang/gl

Con respecto ás versións LTS de Ubuntu, é importante dicir que a primeira versión foi a 6.06 (Dapper Drake) e que leva máis de dous anos recibindo soporte ininterrompido. Este soporte durará até mediados do ano que ven para as versións de computadores de escritorio e até mediados do 2011 para as versións de servidores.
http://www.mancomun.org/images/stories/gimp.jpgHai xa unhas semanas anunciábamos a dispoñibilidade da nova versión de Gimp 2.4.3 en galego. Se ben nun primeiro momento non había dispoñibles os paquetes autoinstalables para Windows (isto implicaba que había que compilar o código fonte do programa para poder instalalo), o 21 de xaneiro saíron estes paquetes:

Podedes atopar máis información sobre a tradución ao galego do Gimp na nova orixinal sobre a tradución

http://www.mancomun.org/images/stories/rededinamizadores.jpgA Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba en colaboración coa Rede de Dinamización organiza un obradoiro de comercio electrónico, no que se darán a coñecer as vontades da plataforma osCommerce para a creación dunha tenda virtual, práctica que se levará a cabo durante o obradoiro.

O obradoiro está dirixido a empresarios e traballadores e comeza hoxe en horario de luns a venres de 20:30 a 22:30.

As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberanse inscribirse antes da hora de comezo…

Para máis información consulta a fonte orixinal da nova:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu

http://www.mancomun.org/images/joomla_logo_black.jpgDespois de moitos meses de desenvolvemento, por fin acaba de saír a versión 1.5 de Joomla!, un dos xestores de contidos máis usados na actualidade.

Algunhas das novidades son:

  • as melloras na usabilidade e na internacionalización
  • a creación de complementos para o Joomla! é moito máis sinxela grazas á nova API.
  • novas opcións e parámetros de plantillas de deseño que ofrecen un control total o aspecto visual das webs.

Para descargar a nova versión só tes que premer na seguinte ligazón:
Descargar Joomla! 1.5 Stable

 

Con esta nova versión tamén se provén as diferentes guías de instalación:

Instrucións de instalación nova para Joomla!

Instrucións de actualización desde Joomla! 1.5 RC4

Instrucións de actualización desde Joomla! 1.0.x

Nota da saída do Joomla! 1.5:
http://www.joomla.org/

A Asociación Galega de Centros de Negocio envíanos a seguinte nota de prensa: 

A Asociación Galega de Centros de Negocio fai unha decidida aposta polo Software Libre na súa saída a Internet, construíndo integramente a súa plataforma de servizos Web (portal corporativo, xestor de publicidade, reserva de salas, xestor documental…) en base tecnoloxías libres, máis concretamente utilizando a plataforma LAMP (Linux, Apache, Mysql, PHP).

Ferramentas coma Joomla, Openads, phpscheduleit ou Docman, son algunhas das aplicacións utilizadas pola asociación baseadas todas elas en licencias GNU/GPL.

A Asociación Galega de Centros de Negocio nace no ano 2000 e conta actualmente con 10 centros repartidos por toda a comunidade:

A Coruña

Centro de Negocios Finisterre

Officoruña

Celme Centro de Negocios

Santiago de Compostela

Cen Centro Empresarial

Centro Empresarial Compostela

Centro de Negocios LA ROSA 22

Centro de Negocios Santiago

Pontevedra

Centro de Negocios Pontevedra

 

Vigo

AG Centros de Negocios

PRO-OFFICE Centro de Negocios

Entre os servizos ofrecidos polos centros de negocios se atopan:

  • Despachos totalmente equipados
  • Salas de Formación e reunións
  • Salas de Informática
  • Domiciliación de Sociedades
  • Secretariado e personalizada de chamadas e visitas
  • Nº de teléfono exclusivo con contestación
  • Recepción e expedición de correspondencia e paquetería
  • Acceso a Internet de Banda Ancha
  • Fotocopiadora â?? Impresora dixital
  • Aire acondicionado e calefacción
  • Outros servizos (Catering, azafatas, publicidade, material de oficina, reserva de billetes…)
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal