Mancomún

GoogleA versión 1.3 do Google Web Toolkit acaba de saír á luz e é totalmente libre. 

Google Web Toolkit (GWT) é unha contorna de desenvolvemento feita en [[Java]] que permite escribir aplicacións en linguaxe [[Ajax]] como Google Maps ou Gmail. O código da aplicación que fagas estará escrito en Java e o compilador do GWT xerará a partir desas clases Java, o código HTML e JavaScript “lexibles” polo navegador…

A páxina do proxecto Google Web Toolkit é a seguinte: http://code.google.com/webtoolkit/  e dende ela tamén se poden acceder a diversos titoriais da aplicación, exemplos, ferramentas de terceiros, etc…

Máis información en http://code.google.com/webtoolkit/  

Segundo Lourdes Muñoz, deputada do Partit dels Socialistes de Catalunya, que defende esta iniciativa no pleno do Congreso “o contido da proposición non de Lei ten como obxectivo fundamental a promoción do Software Libre e, ademais, o de garantir que as persoas, ao relacionarse coas distintas administracións públicas, non sexan discriminadas en función do software que utilicen”.

 

A iniciativa aposta polo desenvolvemento e a distribución “nas distintas linguas cooficiais dos programas e aplicacións da Administración do Estado destinadas á cidadanía”, así como por “a produción de aplicacións informáticas nas diversas linguas do Estado”.

 
Fonte.- PSC  

http://www.mancomun.org/images/stories/vlc.jpg Acaba de saír á luz a nova versión do reprodutor multimedia VLC. VLC é multiplataforma (GNU/Linux, Mac, Windows) e reproduce case calquera formato de ficheiro multimedia sen necesidade de descargar códecs de ningún tipo.

Esta versión foi desenvolvida en base aos comentarios da xente que descargou a anterior versión (a versión anterior foi a 0.8.5 e tivo ao redor dun total de 29 millóns de descargas)…

Con esta nova versión, a 0.8.6, os desenvolvedores do proxecto quixeron ofrecer aos usuarios moitas correcións de erros, así como novas características, tales como:

  • Soporte para Windows Media Video 9 e VC-1
  • Soporte para VP5/VP6 e vídeo Flash
  • Soporte para TTA e WavPack Lossless audio
  • Mellorado o soporte H.264
  • Soporte preliminar para DVR-ms, MXF
  • Soporte para Shoutcast TV
  • Soporte para o Apple Remote
  • Controlador para Apple Fullscreen

A wiki do proxecto é: http://wiki.videolan.org e nela tamén atopamos información relativa a outros produtos desenvolvidos, como o VLS, un servidor de streaming profesional que comparte moitas características co VLC.

http://www.mancomun.org/images/stories/wikia.gif
Openserving
estende a esencia do modelo open source — Software e Contido Libre — a tódolos aspectos da computación baseada na web. Dentro da filosofía “web 2.0”, este servizo permite dispor dun blog colaborativo (blog + wiki).

 
Tódolos artigos  son ordeados democraticamente por medio dun sistema de votación estilo chuza.
O servizo fai uso de wikia, unha colección de comunidades con websites que ti mesmo podes editar.
Wikia proporciona o ancho de banda, o almacenamento e o software.
http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-wordmark-vertical_small.pngA consultora Xiti Monitor realizou un estudo sobre a utilización do navegador Firefox en Europa. Dos seus datos despréndese a cifra de que Firefox subiu case catro puntos desde o pasado mes de abril, pasando dun 19,4% a un 23,2% de media en Europa.

As cifras tamén arroxan datos importantes con respecto a onde utilizan os usuarios Firefox e onde Internet Explorer. Por exemplo, o uso de Firefox aumenta as fins de semana…

 
Isto podería supor que os internautas teñen este navegador instalado na súa casa, mentres que no seu lugar de traballo utilizan Internet Explorer porque é o que se inclúe por defecto co sistema operativo.

En canto ás cifras de uso do Firefox por países, a pesar do que podería pensarse, España é o país europeo no que menos se utiliza este navegador, cun 13,7%, seguido de Ucraína cun 13,8 e Holanda, cun 14%.

Entre os países que máis o utilizan está Eslovenia, cun 40,5% e Polonia, cun 33,6%.

A media europea de uso de Firefox sitúa a Europa só por detrás de Asia-Australia (23,4%). A súa utilización redúcese a un 14,5 en norteamérica e un 11,5% en latinoamérica.

 
Prema aquí para ver o gráfico coas estadísticas.
 
Fonte: www.20minutos.es e www.theinquirer.net  

AinfograAinfogra preséntase coma un proxecto dirixido a introducir o Software Libre no mundo rural a través da difusión, formación e desenvolvemento de software destinado á xestión integral de explotacións agrarias.

O proxecto conta co cofinanciamento da Consellería de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información e vaise desenvolver durante os anos 2006 e 2007. 

Dende a páxina web do proxecto pódese acceder a toda a información relacionada co proxecto. Neste momento están dispoñibles para a súa descarga varios manuais formativos en galego (Hardware, Linux Ubuntu, OpenOffice.org Writer, Calc, Impress e Base).

No que depara o futuro inmediato desenvolveranse novos manuais (Internet, comercio electrónico). Asemade tamén se vai desenvolver un software dirixido á xestión integral de explotacións agrogandeiras.

http://www.mancomun.org/images/stories/redhat.png Red Hat anunciou que nos últimos meses, a compañía experimentou un forte crecemento en España con un incremento substancial do número de clientes que confían na súa tecnoloxía. Segundo Rodolfo González, director de ventas de Red Hat en España, “os clientes están a elixir Red Hat polo seu compromiso coa interoperabilidade entre plataformas e a fiabilidade da súa tecnoloxía”.

Exemplos de clientes de Red Hat son Interflora España, a maior e máis coñecida rede de envío de flores, Unión Alcoyana no sector asegurador ou Arsys, provedor de servizos de Internet en España e con presencia  en Francia e Portugal.
Fonte:laflecha

http://www.mancomun.org/images/stories/winpooch.jpg

Winpooch é un “watchdog” para Windows, gratuíto e baixo licencia GPL. Antiespía e anti troiano, protexe o teu ordenador vixiando a actividade do software en tempo real. Asociado ao antivirus ClamWin, Winpooch protéxete dos  virus.

Winpooch utiliza a técnica “API hooking”. Esta técnica consiste en espreitar o software executado e ofrecer ao usuario a posibilidade de controlar dita actividade. Ten así a posibilidade de prohibir a un software escribir nas carpetas do sistema ou no rexistro de windows. Tamén pode prohibir a un software conectarse a internet. Isto é o que diferenza a Winpooch doutros antiespías, os cales, unicamente analizan os arquivos do disco duro na procura de firmas coñecidas.

ClamWin Free Antivirus ven cun fácil instalador e co código fonte. Pódese descargar e utilizar sen ningunha carga. Características:

  • Alto ratio de detección de virus e spyware;
  • Programador de escaneos;
  • Descargas automáticas da base de datos de virus.
  • Integrado co Microsoft Windows Explorer;
  • Addin para Microsoft Outlook para eliminar automaticamente adxuntos infectados.
Xa está publicado o estándar ISO/IEC 26300:2006 para OpenDocument(Formato de Documento Aberto para Aplicacións Ofimáticas de OASIS) que é empregado por, entre outros programas, OpenOffice.org. Pode ser considerado coma o primeiro formato de documentos estándar polo que se racha co monopolio dos formatos pechados nas suites ofimáticas.
 

A especificación do estándar pode obterse por uns 200 dólares ou gratuitamente na web de OASIS ou na de Open Document Fellowship.

http://www.mancomun.org/images/stories/firefox-wordmark-vertical_small.pngSó seis semanas despois do lanzamento da versión 2.0 definitiva de [[Firefox]], a Fundación [[Mozilla]] acaba de sacar á luz a edición alfa da versión 3.0, que leva en construción máis dun ano, e que se espera que sexa definitiva a finais do 2007.

Con este novo lanzamento, Mozilla pretende lograr que o usuario apenas distinga cando está usando aplicacións web, que se executan a través de internet, con respecto as que se executan directamente sobre o seu ordenador…

Outra das melloras de Firefox, segundo Mozilla, será unha maior compatibilidade cos distintos estándares gráficos, así como máis capacidade para facer que as páxinas web se vexan de forma similar independentemente do soporte co que se acceda a elas. Isto é debido ao novo motor Gecko (1.9) de Mozilla que  acaba de pasar o test Acid2.

O test Acid2 é un dos máis famosos tests en canto a estándares web se refire, foi creado para axudar aos desenvolvedores de navegadores á hora de seguir un estándar. Trátase dunha páxina moi complexa que usando características non moi comúns realiza unha gran cantidade de probas sobre o navegador

Fonte: elpais

GALPonGALPon, Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra, organiza un taller de difusión do Software Libre para os veciños de Valadares, no concello de Vigo. Esta actividade está dividida en dous bloques: a introdución a ferramentas básicas e de grande difusión coma OpenOffice.org ou Thunderbird, e ás redes inarámicas. As actividades son de balde e teñen lugar no Centro Cultural de Valadares.
 

As actividades son impartidas por membros de GALPon e AGNIX.

Evento engadido á Axenda de eventos de Mancomun.org

PostgreSQLPostgreSQL 8.2 é a nova versión do motor de bases de datos relacional que inclúe melloras na autentificación de usuarios, un mellor optimizador e a habilidade de crear índices incluso cando un usuario está a modificar a taboa de bases de datos.

Segundo os responsables de PostgreSQL as vantaxes principais da nova versión son: 

  • Numerosas melloras do rendemento; nun 20% (fronte a versións anteriores) para o procesamento de sistemas de alta carga de transaccións.
  • Un mellor soporte do estándar ANSI SQL:2003.
  • Mellores tempos de ordenación en memoria e disco.
  • Maior escalabilidade en sistemas multiprocesador.
  • Melloras na planificación de consultas.
  • Mellores velocidades de carga de datos masiva.
  • Unha implementación máis rápida de outer joins.

PostgreSQL é un proxecto libre que comezou hai 21 anos na Universidade de Berkeley e distribúese baixo licenza BSD que permite a súa distribución gratuíta para aplicacións comerciais e non comerciais.  

 

http://www.mancomun.org/images/stories/mit.jpg O MIT (Massachusetts Institute of Technology) acaba de publicar o libro “Perspectives on Free and Open Source Software“, editado por varios autores (Joseph Feller, Brian Fitzgerald, Scott A. Hissam e Karim R. Lakhani).

O libro trata sobre os diferentes aspectos do Software Libre: o estado actual da revolución que provocou o  Software Libre, as perspectivas económicas, os modelos empresariais e económicos, aspectos legais, …

O libro consta de 24 capítulos e pode descargarse gratuitamente dende a seguinte ligazón:
 
Descarga de Perspectives on Free and Open Source Software
 
Descarga por capítulos  
 
Páxina web do MIT   
O Observatorio galego de Software Libre vén de publicar o informe da evolución da situación do Software Libre nas políticas estatais e internacionais, correspondente ao período agosto-outubro, feito pola Universidade da Coruña. Este informe é froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa ao informe inicial sobre a situación do Software Libre no ámbito das políticas estatais e internacionais publicado en maio e ao segundo correspondente ao período maio-xullo.

O documento, que está baixo licenza Creative Commons, resume a evolución das  políticas das administracións, tanto estatais como europeas, dos meses de agosto, setembro e outubro do ano 2006 no referente a iniciativas de Software Libre, tendo en conta os anuncios emitidos polas mesmas administracións públicas ou por outras organizacións de índole non gobernamental pero cun forte matiz político e relevante dentro da comunidade do Software Libre. O Observatorio publicará os seguintes resumos trimestralmente.
Desde fai uns meses, desde a “Sección de Tecnologías de la Información y Comunicacións” estívose realizando unha labor de migración progresiva do software utilizado no seu sitio web corporativo a Software Libre.

Deste xeito pasouse dunha contorna de software propietario co sistema operativo Windows 2003 Server e plataforma ASP ao sistema operativo [[Ubuntu]] Linux utilizando a linguaxe [[PHP]]…

 
Adicionalmente tamén se realizaron diversas migracións da maior parte dos seus servidores internos ao sistema operativo Ubuntu, entre eles, varios servidores de bases de datos, a intranet corporativa e diversos servidores de aplicacións.
 
Fonte: Web corporativa do concello de Castellón
A consultora sueca IT+46 anunciou a entrega dunha nova guía “VoIP para el desarrollo, una guía para crear infraestructura de voz en regiones en desarrollo “. O libro pretende fomentar o uso das comunicacións de baixo custo nas zonas máis pobres do planeta. A guía de Voz sobre IP é de difusión gratuíta e está dispoñible en catro idiomas, baixo unha licenza [[Creative Commons]]. Este traballo é un esforzo por diseminar o uso da telefonía a través da Internet en rexións en desenvolvemento.

 
A guía de 40 páxinas está destinada tanto a lectores con coñecementos técnicos como a aqueles que teñan curiosidade por entender os principios de funcionamento da voz IP. A primeira parte introduce os elementos fundamentais que fan posible unha comunicación de voz por Internet. A segunda parte esta dirixida a aqueles que queiran ter máis detalles incluídos algúns consellos prácticos e ficheiros básicos de configuración. Nesta sección inclúese unha descrición dos coñecementos necesarios para pór en marcha un  sistema propio de telefonía de baixo custo.

A última parte da obra ilustra tres escenarios reais de como se pode usar a voz IP en comunidades rurais e como conectar un sistema de telefonía de baixo custo á rede de telefonía tradicional e á Internet.

 
Descarga a guía.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal