Mancomún

Existen dous documentais nos que mostran os inicios do Free Software, do movemento Open Source, do proxecto GNU, etc. Todos os personaxes que interveñen son moi coñecidos: Richard Stallman, Perens, Eric S. Raymond e Linus Torvalds.

Os nomes de estes videos son “The Code: Linux” (oficialmente “The Code“), o documental finlandés que se emitíu a través de ARTE, e que está dispoñible nesta ligazón e o outro é Revolution OS, un documental premiado en festivais de cine no que participan varios dos personaxes máis relevantes da recente historia de GNU/Linux. Esta última pódese visualizar nesta ligazón.

 

Ligazón desta nova.

Hai pouco fixémonos eco da existencia de Duroty, un sistema de correo creado por un grupo de usuarios de Barcelona que pretende ser a alternativa libre a Gmail. Os seus desenvolvedores pediron axuda para traducilo ao galego e xa temos unha primeira tradución do usuario Meixome.
 

O autor admite revisións polo que os interesados poden facer correccións desta primeira tradución e facelas públicas no foro de Mancomun.org.
 Hoxe en día xa non é moi usual comentar o lanzamento dunha nova versión do kernel Linux, senón que o usuario final coñece a realidade do Software Libre a través das novas versións dos Sistemas Operativos Libres como Ubuntu GNU/Linux, Fedora GNU/Linux, Debian GNU/Linux, etc.
A nova versión do Linux 2.6.19 inclúe moitas novedades, pero este novo lanzamento está moi encamiñado a ofrecer soporte de sistemas de ficheiros coma GFS2 (clusters), Ecryptfs, EXT4, melloras en FAT para dispositivos mp3, etc.

 Máis información desta nova versión, nesta ligazón .

 

http://www.mancomun.org/images/stories/xboxmediacenter.jpg XboxMediaCenter é un reprodutor multimedia baseado en Software Libre para a consola XBOX de Microsoft. Actualmente o software XboxMediaCenter (XBMC) pode reproducir videos/ver imaxes na maioría dos formatos de audio/vídeo/imaxe coma son os formatos MPEG-1/2/4, DivX, [[XviD]], MP3, AAC, JPG, GIF ademais de outros moitos formatos menos coñecidos directamente dende o lector de CD/DVD da consola ou do seu disco duro.
 
XBMC ademais tamén pode facer streaming de ficheiros dun PC sobre unha rede local de computadores e incluso directamente cara internet…
 

XBMC ten listas de reprodución e funcións de presentación e até información meteorolóxica.
 
Todas estas características permiten ao XBMC facer funcionar á XBOX coma un mediacenter real.
 
A versión actual deste software é a 2.0.1 que podes descargar dende SourceForge.
http://www.mancomun.org/images/stories/soles.jpg SOLES WS 1.0 é unha distribución GNU/Linux dirixida a PC de escritorio en contornas corporativas da economía social e a usuarios con calquera nivel de experiencia tanto con computadores como con GNU/Linux. Dispoñible para procesadores [[Intel]] e [[AMD]] de 32 bits, SOLES WS 1.0 ofrece un escritorio completo, estable e intuitivo que facilita o acceso a GNU/Linux e que inclúe todas as posibilidades que calquera usuario pode demandar: ofimática, Internet, multimedia, educación, lecer, etc, xunto cos máis completos sistemas de seguridade, como unha devasa persoal, un analizador de virus de Windows e un filtro de correo lixo. En definitiva, SOLES WS 1.0 combina a robustez e estabilidade de GNU/Linux, a potencia e versatilidade de [[Debian]] e a amigabilidade e usabilidade do escritorio [[KDE]]…
 

A idea parte da “Confederación de Entidades para la Economía Social de Andalucía” (CEPES-Andalucía) que, en colaboración coa Administración autonómica, desenvolveu e financiou esta nova distribución do sistema operativo libre GNU/Linux destinada a escritorios corporativos, que bautizaron como ‘SOLES‘.

O conxunto de ferramentas inclúe “sistemas creados desde cero e adaptacións de aplicacións informáticas xa existentes“, sinalou o responsable do departamento de “Investigación y Desarrollo” (I+D) de CEPES, Álvaro Gutiérrez.
 
Esta primeira edición ofrece como unha das características máis destacadas a inclusión dunha única ferramenta por cada tipo de tarefa, no canto de ofrecer centos de paquetes entre os que o usuario vese perdido, potenciando unha experiencia satisfactoria co sistema. Así mesmo, SOLES WS 1.0 ofrece un completo catálogo de aplicacións de xestión, destacando o software de xestión societaria SOLES Societaria e o ERP BulmaGés adaptado á economía social andaluza. Finalmente, a plataforma completa a súa oferta de software co núcleo 2.6.17 optimizado para escritorios, Xorg 7.0, KDE 3.5.5, OpenOffice.org 2.0 con dicionarios en español, Mozilla Firefox 1.5 e numerosos paquetes máis orientados aos usuarios corporativos, como acceso a dispositivos móbiles, correo electrónico, mensaxería instantánea, deseño gráfico ou gravación de CDs e DVDs.

 
SOLES WS 1.0 ofrece adicionalmente:
  • un sistema de instalación mellorado e máis intuitivo
  • o soporte e a xestión mellorada de todo tipo de hardware moderno: discos SATA, Bluetooth, Wi-Fi, modems ADSL, tarxetas aceleradoras 3D, móbiles e PDAs, tarxetas sintonizadoras de TV, etc.
  • o soporte específico para portátiles: dispositivos PCMCIA, control de aforro de enerxía, xestión do touch pad, etc.
  • un sistema de menús organizado e intuitivo
  • un completo abano de ferramentas de administración do sistema, integradas no Centro de Control de KDE
  • un completo buscador do escritorio
  • un acceso sinxelo a Internet e a redes privadas virtuais
  • diversos “plugins” para enriquecer a navegación pola Web
  • unha maior seguridade grazas á devasa persoal, ao analizador de virus de Windows e ao filtro de correo lixo
  • o soporte de execución de software para Windows a través de Wine
  • asistentes que facilitan a instalación de software de licenza non libre e que non se puido incluír nos CDs de SOLES WS, como as fontes TrueType de Microsoft ou o Acrobat Reader de Adobe
  • un completo sistema electrónico de axuda
  • un portal web de servizos avanzados

e moitas ferramentas e aplicacións para que o usuario non bote nada en falta.

http://www.mancomun.org/images/stories/libroblanquito.jpg O “Libro branco del Software Libre” é un proxecto independente que analiza a implantación en España do Software Libre. Nesta, que será a súa III edición (I edición, II edición), contará coa colaboración de empresas como IBM, Sun, Red Hat, Novell, Bull, Open Bravo, Ferca Networks, etc así como institucións como Rede.es e a Junta de Extremadura xunto con outras institucións e autores…

Os resultados serán publicados libremente tanto online como no documento en papel que aparecerá en febreiro 2007.
 
A data límite para completar o cuestionario é ata o próximo 19 de decembro 2006.

Os resultados da enquisa incluiranse no III libro branco do Software Libre que se presentarán na III Conferencia Internacional de Software Libre que terá lugar do 7 ao 9 de Febreiro de 2007 en Badaxoz.

Máis información na web do proxecto ou na fonte orixinal da noticia en www.laflecha.net .

 Un dos primeiros programas de mensaxería instantánea para contornas GNU/Linux foi o Alvaro’s Messenger, nome orixinal do amsn. Este programa é moi popular xa que ten unha interface moi similar ao coñecido msn.

Este novo lanzamento do amsn 0.96 arranxa moitos do erros da anterior versión pero incorpora, unha grande compatibilidade coa nova rede dos usuarios de Live Messenger soportando o novo protocolo MSNP12.

Máis información na ligazón da web

Novamente, o profesor Manuel González Regal do I.E.S. Xulián Magariños (Negreira), vén de facer outra aportación á comunidade: a tradución da última versión do BrazilFW, un Firewall/router baseado en Linux que pode executarse en PC antigos e colle nun disquete de 1,44 MBytes. Tanto a versión estable (BrazilFW 2.28) como a última versión en probas BrazilFW (2.29-4) foron remitidas ao proxecto BrazilFW para incluílas nas versións oficiais, pero xa poden descargarse dende a sección do BrazilFW no MAGASI en liña.

Aínda que se pode instalar en PC antigos, o BrazilFW funciona dun xeito equivalente a firewalls comerciais para uso personal ou pequenas empresas. 

Os principais obxectivos do BrazilFW son:

  • Compartir unha conexión de banda ancha en Internet.
  • Actuar de firewall, protexendo os PC conectados a el.

BrazilFW posúe, entre outras, as seguintes funcionalidades:

  • Servidor e cliente DHCP, servidor DNS caché, servidor SSH, servidor Proxy Squid (Http Cache).
  • Servidor Web para realizar tarefas de administración.
  • Soporte para 3 interfaces de red (WAN/LAN/DMZ) vía interface web.
  • Ata 3 enderezos IP WAN, ata 3 enderezos IP LAN e ata 3 enderezos IP DMZ (vía web).
  • Cliente PPPoE e soporte para Modem Dial-up.
  • Network Address Translation/ Masquerading e Port forwarding.
  • QoS (Quality Of Service).
  • Soporte de Bridge Firewall.
  • Regras de filtrado de tipo Stateful (dinámicas) e stateless (estáticas).
  • Soporte de Firewall a Nivel 7 (Layer 7 ou capa de Aplicación).
  • Syslog remoto.
  • Regras de control de acceso e de administración.
  • Regras separadas de configuración por subrede e por interface.
  • Regras de filtrado IPTABLES personalizadas.

BrazilFW pode funcionar en calquera 486 con a lo menos 16Mb de RAM non sendo necesario ter disco duro, xa que cabe nun único disquete. No entanto, é posible usar un disco duro para que o sistema se inicie máis rápido.

Esta última versión (BrazilFW 2.29-4) inclúe novas funcionalidades como: balanceo de carga, soporte para unha segunda interface LAN e WAN e asignación estática dirección IP-dirección MAC.
 
Fonte.- I.E.S. Xulián Magariños 
http://www.mancomun.org/images/stories/cooperacion_extreme%C3%B1a.jpgAs autoridades colombianas teñen a intención de implantar nos caixeiros automáticos o Software Libre Linex-Col, desenvolvido a partir do gnuLinEx estremeño, por mor da colaboración en materia de transferencia tecnolóxica mantida durante anos entre Estremadura e este país iberoamericano.
 
O viceministro colombiano Abraham Rubio foi o encargado de comentar os pormenores desta colaboración durante a celebración do II Congreso Internacional de Alfabetización Tecnológica

 
No devandito contexto destacou a iniciativa Linex-Col, para a cal se traballou desde diferentes ámbitos, especialmente universidade, empresas e institucións.

Entre os obxectivos próximos do proxecto Linex-Col figura a súa aplicación na banca de oportunidades; na constitución dunha plataforma virtual universitaria; e no desenvolvemento dunha canle de televisión.

Por outra banda, cabe apuntar que no marco do congreso, que se celebra en Badaxoz, ten lugar primeira experiencia piloto de expedición do DNI Electrónico en Estremadura.

Na actualidade, o cidadán que desexe obter o seu DNI electrónico e xa que logo os certificados asociados deberá acudir a unha oficina de expedición oficial. Estas oficinas están actualmente funcionando nas seguintes capitais, Burgos, Ourense, Palencia, Salamanca, Santander, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora.

Xa que logo, para dar a coñecer esta ferramenta en Estremadura, instalouse o Palacio de Congresos Manuel Rojas unha unidade móbil de expedición.

Os congresistas que queiran obter o seu DNI Electrónico deben ter preparada a documentación necesaria, que é a mesma que para o carné de identidade convencional: Certificado de nacemento expedido polo Rexistro Civil (caso de primeira inscrición), fotografía recente en cor, Certificado de Empadroamento, e presentación do DNI anterior (en caso de renovación).

 
Fonte da noticia: www.laflecha.net  
As Ciberirmandades da Fala anuncian que teñen máis software traducido na súa páxina. En concreto DokuWiki, un wiki escrito en php que almacena textos sen necesidade de base de datos, e DOCMan 1.3RC2 para Joomla!, co que poderás administrar doadamente as descargas que ofrezas dende a túa web.
 

Ademais, como xa anunciamos, as Ciberirmandades andan á procura de colaboradores para traducir o Joomla! 1.5 Beta e tamén segue pendente de tradución ao galego o sistema de foros phpBB3 .

http://www.mancomun.org/images/stories/images.pngEstá dispoñible para a descarga a versión 1.0 dunha recompilación de artigos da Wikipedia en formato CD.

Esta versión foi deseñada polo proxecto SOS Children que recolectou máis de 8000 imaxes e 4000 páxinas de texto da Wikipedia (da versión inglesa), sobre temas tales como lugares, plantas e animais, ciencia, … pero nos cales a información dos artigos está orientada cara aos nenos…

Esta versión en formato CD está destinada en principio aos centros educativos que non dispoñan de Internet para consultar a información.

Para descargar esta versión da Wikipedia de SOS Children pode descargarse dende a seguinte ligazón:

Ligazón do ficheiro .torrent

Máis información sobre o contido do CD

Outra ligazón para descargar o CD de forma directa

Aplicacións coma Abinit ou Gromacs resultan de gran utilidade para os químicos e teñen a vantaxe ademais de ser Software Libre. Ofrecémosvos unha escolma das webs máis interesantes con aplicacións para esta actividade científica.

Linux4Chemistry é unha máis ca interesante web que recompila diferentes utilidades para químicos en código aberto. A páxina referencia aplicacións libres, shareware, freeware, comerciais e gratuítas para estudantes.
 
Scientific Aplicattions on Linux selecciona aplicacións científicas de todo tipo cunha sección moi ampla pensada para químicos. Tedes ademais a web italiana Linux and Chemistry e The Linux for Chemistry CD Project, unha escolma de software.

A revista Linux Magazine vén de publicar recentemente tres interesantes artigos sobre tradución de software nos que analiza as diferentes ferramentas para a tradución, problemas que conlevan e principais proxectos neste ámbito.

Os artigos levan por nome  Colaboración para a tradución, onde se nos fala dos ficheiros .po e .mo ademais do Kbabel, Traballo en equi/po que disecciona as vantaxes, desvantaxes e problemas da tecnoloxía gettext , e, por último, Educación, memorias compartidas, onde se fai fincapé na colaboración entre tradutores e nos diferentes instrumentos para levala a cabo.   

Estes artigos apareceron na revista Linux Magazine na súa edición en castelán nos números 19, 20 e 21.

 A comisión Europea seleccionou un consorcio conducido por Unisys Bélgica para crear e manexar o OSOR (Open Source Observatory and Repository).

Esta iniciativa únese á iniciativa Europea IDABC-OSO (Open Source Observatory) achegando a creación dun repositorio de Software Libre con código fonte e abundate documentación sobre o uso de aplicacións, licenzas e moitas outras.

Máis información nesta ligazón

Podes seguir en directo o transcorrer das Xornadas Galego-Lusófonas de Software Libre que organizan AGNIX e o Concello do Porriño. Se queres ver a retransmisión a través de GNU/Linux fai click aquí. Se empregas Windows ou Mac fai click aquí.

A organización destas xornadas ofrece a posibilidade aos que non se podan desprazar ao Porriño de seguir as diferentes charlas a través deste servizo de streaming desenvolvido por N-Video , empresa porriñesa que emprega e ofrece Software Libre.  

 

http://www.mancomun.org/images//banner_porrinho.gif

Alan Stevens, Jason Benthley xunto cun equipo de 33 programadores e xestores de proxectos, comezaron a planificación dun sistema en Software Libre como alternativa a Microsoft Visual Studio Team System.

O proxecto chámase NTeam e integrará ferramentas e aplicacións libres xa existentes para os módulos de probas e desenvolvemento (NUnit e NAnt)…

Do mesmo xeito que o recentemente lanzado VSTS de Microsoft, NTeam tamén cubrirá as diversas fases do ciclo de vida, aínda que na súa primeira versión é previsible que implemente algunhas funcionalidades menos.

Fai poucas semanas, cando se formou o grupo, pareceu que ata Microsoft apoiaba a idea, e de feito o proxecto hospedouse nos “workspaces” de GotDotNet. Con todo, o pasado día 14, o equipo colleu os bártulos e marchouse a sourceforge.net.

NTeam permitirá dispor de forma gratuíta dun marco de xestión e seguimento de proxectos, adecuado para contornas áxiles.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal