Mancomún
Fernando Blanco, conselleiro de Innovación e Industria, presentou con Elena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, as principais conclusións do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información. Grazas a este traballo pódese establecer un diagnóstico fiable da situación das novas tecnoloxías da información e da comunicación na nosa comunidade.  Tamén se presentou a web Sociedade da Información que recolle a estratexia para acadar a plena integración na era dixital así coma informes, estatísticas, novas, ferramentas e outros recursos. O Software Libre será unha liña prioritaria na política tecnolóxica da Xunta de Galicia.
Sociedade da Información

O novo plan prevé un investimento público de 800 millóns. A directora xeral asegurou que a falta de interese nos contidos que ofrece a Rede é “un grave problema” que lastra a popularización de Internet en Galicia. Por iso, a Consellería de Industria vai potenciar a xeración de información en galego e próxima aos cidadáns.

Ademais dos contidos, a Xunta aposta pola creación dun parque empresarial para empresas que traballen coas TIC. Veiguela tamén adiantou a redacción dun plan director das telecomunicacións, que se complementaría cun mapa das infraestruturas de telecomunicacións. Ademais, a mandataria sinalou o “posible” lanzamento dun novo Instituto Cartográfico de Galicia.

Xa está accesible, para libre copia e libre distribución o libro Prohibido Pensar, Propiedade Privada da Fundación Vía Libre.

Este libro mostra as discusións máis relevantes referidas á apropiación monopólica da vida e o coñecemento a través de reximes de patentes e copyrights. Foi editado pola Escuela Marina Vilte, o Programa Argentina Sustentable e a Fundación Heinrich Boell.

Os autores que interveñen neste trabajo son James Boyle, Silvia Rodriguez, Richard M. Stallman, Federico Heinz, Beatriz Busaniche, Bill Joy e as organizacións Grain e FSFLA.

Máis información sobre o libro en educalibre.cl

 O concurso Universitario de Software Libre organizado pola Universidade de Sevilla conta xa con casi 100 proxectos de 130 participantes espallados por toda a xeografía española.

O obxetivo principal é estimular aos estudiantes universitarios a que participen na creación proxectos de Software Libre, xa que eles son os futuros profesionais da Sociedade da Información

Os premios ascenden a 5.600 euros repartidos entre catro categorías e a entrega destes vaise celebrarar na Escuela Técnica Superior de Ingeniería Informática da Universidad de Sevilla.

Fonte e máis información: concurso-softwarelibre

http://www.mancomun.org/images/joomla_logo_black.jpgDespois dunha rolda de nominacións e 8 semanas de votación, a tenda de libros on-line Packt acaba de publicar o gañador do premio ao mellor xestor de contidos en Software Libre do 2006. O premio recaeu en [[Joomla!]], seguido de [[Drupal]] en segundo posto e [[Plone]] en terceiro lugar…

O concurso estaba formado por unha primeira fase de nominación, na cal, calquera visitante da web www.PacktPub.com podía nominar o xestor de contidos que quixera para gañar o premio. De entre todos, os cinco máis votados pasaron á final. Os finalistas (en orden alfabético) foron:

  • Drupal
  • e107
  • Joomla!
  • Plone
  • Xoops
De entre estes cinco, o gañador saíu da votación de varios xuíces independentes. Da votación resultou gañador o CMS Joomla!.
 
Os premios do concurso foron: $5000 para o primeiro, $3000 para o segundo e $2000 para o terceiro.
 
Fonte orixinal da noticia: http://www.packtpub.com/  

FirefoxO traballo dos voluntarios que se rexistraron na ferramenta de tradución colaborativa Entrans conseguiu que tan só queden por traducir un 23% das cadeas da nova versión do navegador web Firefox 2.0. Precisamos da vosa axuda para ter o antes posible esta valiosa ferramenta no noso idioma o antes posible. É o segundo proxecto de localización de software que se pon no Entrans tralo éxito da tradución OpenOffice.org 2.0.4. A interface deste conxunto de aplicacións ofimáticas foi traducida en tan só dous días aínda que quedan pendentes cadeas da axuda.

A localización do Mozilla Firefox 2.0 partiu da base do traballo de Jacobo Tarrío e comezou hai dúas semanas. Mancomun.org irá introducindo no Entrans de xeito periódico novas aplicacións de código aberto para que os voluntarios as traduzan ao galego.

Sun, nun movemento histórico ven de publicar o código fonte da súa implementación de Java Platform Standard Edition (Java SE), Java Platform Micro Edition (Java ME), e Java Platform Enterprise Edition (Java EE) baixo a licenza GNU General Public License version 2 (GPLv2), a mesma baixo a que o propio GNU/Linux está dispoñible para todos.

Xa se empeza a discutir sobre o que esto implicará nas aplicacións Java que se incluirán de serie nas diferentes distribucións, ou sobre o futuro de gcj, o compilador de código fonte Java.

Fonte:DiarioLinux 

A Oficina Nacional de Gobierno Electrónico e Informática do goberno de Perú acaba de incorporarse á Rede Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre. Esta iniciativa busca compartir as experiencias técnicas no eido das políticas públicas das administracións en relación co Software Libre.
 

Esta agrupación nace a partir da Declaración de Barcelona para impulsar o Software Libre asinada no ano 2004 e que busca promover os retos e oportunidades que plantexa o Software Libre. Os desafíos clasificáronse en sete eidos diferentes: académico, técnico, estratéxico, legal, social, do voluntariado e institucional. En xuño do 2005 constituíuse a rede na que participan diversas administracións públicas de diferentes ámbitos xeográficos e políticos entre as que cabe salientar á Xunta de Galicia.
 
Xa está dispoñible a versión en liña do MAGASI CD desde a web de tal xeito que xa non hai que queimar a imaxe ISO para acceder aos seus contidos. O MAGASI CD é un proxecto de Manuel González Regal, profesor do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos (ASI) do I.E.S. Xulián Magariños de Negreira, que pretende ser un achegamento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs) á comunidade escolar galega, inspirado en proxectos coma The Open Source Free CD e The OpenCD Project .

Entre as novidades do MAGASI CD hai que salientar:

– O acceso en liña permite acceder a todo o mundo ao contido do MAGASI sen ter que descargar e queimar a imaxe ISO.
– Permite actualizar o contido do MAGASI dun xeito máis rápido e sinxelo: na versión en liña vaise comezar un proceso de actualizacións para ter sempre as últimas versións dos programas e incluír novos programas; en cambio, a imaxe ISO actualizarase cando existan cambios significativos.
– No MAGASI en liña é posible navegar en galego ou en castelán, para facilitar o seu uso ao alumnado inmigrante ou ás persoas interesadas que non sexan galego falantes.

 Do 7 ao 9 de febreiro do 2007 celebrarase a terceira Conferencia Internacional do Software Libre en Badajoz baixo o lema “Un reto para a imaxinación”.

Esta edición, organizada conxuntamente polos gobernos de Andalucía e Extremadura, aspira a converterse “nunha referencia” tanto a nivel europeo coma no ámbito empresarial.

Unha das novidades nesta edición é que se vai facer entrega do premio “Coñecemento Libre” recoñecendo a laboura de todos aqueles que loitan polo desenvolvemento e pola difusión do Software Libre.

Fonte: terra.es

 

Alg-a, autodefinida coma comunidade subacuática de arte libre, infórmanos de dúas actividades relacionadas co Software Libre: uns obradoiros informáticos sobre GNU/Linux organizados pola Asociación Cultural Caleidoskopyo que comezarán en Vigo o día 25 de novembro e unhas xornadas de Copyleft que terán lugar o día 17 e 18 na Coruña e Vigo respectivamente.

Os Ciberobradoiros servirán de introdución a GNU/Linux e a aspectos coma a súa instalación, configuración inicial, funcionalidades… Os Ciberobradoiros serán impartidos na Cova dos Ratos situado na rúa Romil nº3 en Vigo.

Pola súa banda as charlas Cultura livre e Copyleft  achegarán este tipo de licenzas aos que acudan a estas actividades o día 17 de novembro no Centro Social Atreu da Coruña ás 20 horas e o 18 na Cova dos Ratos ás 19 horas.

O libro de Jordi Màs Software Libre: tecnicamente viábel, economicamente sostíbel  e socialmente xusto  está á vosa disposición na sección de descargas en formato PDF. O libro  supón unha excelente aproximación ao Software Libre e ao seu contexto para os non iniciados ademais dun gran alegato en favor desta opción tecnolóxica.

 
Jordi Màs é coordinador de Softcatalá , asociación que fomenta o uso de software en catalán e do Software Libre, e traballou con importantes empresas coma experto en tecnoloxías abertas. O libro ten un afán divulgativo e repasa todos os aspectos que rodean ao código aberto coma a súa orixe histórica, cuestións xurídicas e políticas, os diferentes tipos de licenzas existentes, proxectos libres que se están a desenvolver, etc…

SIESTTA (Solución Informática Especializada no Seguimento Titorial do Alumnado) foi desenvolvido por Ramón Castro Pérez coma Software Libre publicado baixo licenza GPL. “É unha gran ferramenta para o colectivo dos profesores e para o ámbito educativo en xeral”, comenta o seu autor.

Este software libérase coa intención de crear unha comunidade de docentes interesados en mellorar e optimizar este software, sempre dentro do movemento do software libre.

SIESTTA está desenvolvido en PHP e Javascript e fai uso do motor de bases de datos MySQL.

Máis información na web do proxecto SIESTTA  

O ano 2006 foi o ano máis frutífero en canto a actividades relacionadas co Software Libre en Galicia. O número de actividades rexistradas andou ao redor do medio cento polo que practicamente se dobrou o número de eventos dos dous anos anteriores. Os grupos de usuarios de Linux foron os principais protagonistas deste aumento. A Consellería de Innovación e Industria asinou un convenio de colaboración con seis destes grupos, que en breve se ampliará con outros tres,  o verán pasado e que serviu de acicate para este incremento. Coma novidade salientable, o sector empresarial amosou un grande interese polo Software Libre con diversos eventos orientados á PEME en xeral e ás empresas do sector TIC.

Moitas das actividades dos LUGs contan xa cunha periodicidade establecida e procuran non só a promoción e a difusión do Software Libre entre todo tipo de colectivos (empresariais, educativo, administración, usuarios…) senón que cada vez son máis as xornadas de carácter técnico e de intercambio de coñecementos que se organizan en Galicia. A dinámica destes eventos implica ademais a outros axentes sociais coma PEME ou administracións locais.

Ademais do crecente interese da PEME en xeral e do sector TIC en particular, como reflicte o gran número de empresas que ofrecen Software Libre na nosa comunidade en comparación co resto do estado, a administración local e o ensino levaron a cabo distintas actividades de grande interese. 

Mancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre, tivo participación directa en máis dunha ducia destas actividades. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Innovación e Industria para a promoción e difusión do Software Libre para desenvolver a industria informática en Galicia, achegar a Sociedade da Información á cidadanía e incentivar o uso de aplicacións informáticas en galego.

Nota de prensa da Consellería de Innovación 

 

O vicerreitorado de Tecnoloxía e Innovación Educativa da Universidade de Alacante organiza as “II Jornadas por el Conocimiento Abierto y el Software Libre (II Jornadas COPLA)” tendo lugar estas durante os días 9 e 10 de novembro no salón de actos da Escola Politécnica Superior da Universidade de Alacante.

Estas xornadas queren reflectir a nova tendencia tecnolóxica, política e social, do movemento do software libre e do coñecemento libre que está afectando e revolucionando ás distintas contornas, dende as universidades ata a administración e as empresas.

Máis información na web da COPLA

http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.png No Entrans da “CiberIrmandade da Fala” acaban de poñer a primeira parte da tradución do [[Joomla]] 1.5 (o frontend) para que a comunidade colabore. Achégase xa ao 40% das cadeas traducidas resultado de recuperar as traducións das versións anteriores. Hai un compromiso de que Dimensiona Consultoría Tecnolóxica e Reverso Servizos Linguísticos, darán soporte a esta tradución, dende o punto de vista técnico e de revisión linguística que garantan a calidade final do produto. Ademais esta tradución será a recoñecida oficialmente por Joomla.org

Unha vez estea rematada a tradución do “frontend” esperan poñerse a traducir a parte da administración e instalación.

Animamos a todo o mundo a participar na tradución do xestor de contidos Joomla dende a web de CiberIrmandade da Fala.

Tamén recordar que a futura tradución do Firefox de mancomun está ao 68,2% e que pronto poñeremos á vosa disposición un ficheiro coa tradución parcial para que a poidades ir probando.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal