Mancomún

Terra Soft fixo o anuncio oficial de que a súa Yellow Dog Linux v5.0 virá con soporte para a PlayStation 3. Esto permitirá aos usuarios converter a súa consola nun ordenador totalmente funcional e estará lista para executar aplicacións diversas de ocio ou negocios…

A versión v5.0 deste sistema operativo estará a disposición dos xogadores en tres etapas. Na primeira, estará dispoñible mediante o sitio YDL.net cun determinado  custo. Dúas semanas despois a compañía venderá no seu sitio discos de instalación pre-fabricados. Pasadas outras dúas semanas, estará dispoñible de forma gratuíta en servidores públicos.

Fonte: laflecha 

AGNIX celebrará do 30 de novembro ao 3 de decembro en Porriño as I Xornadas Galego-Lusófonas de Software e Coñecemento Libres. Participarán neste encontro expertos de Brasil, Portugal e Galicia e contará con diferentes mesas de traballo e obradoiros técnicos nas que terá un peso específico o Software Libre aplicado ás empresas, a educación ou as políticas públicas ao redor da tecnoloxía de estándares abertos.

Todo aquel que se queira apuntar pode facelo gratuitamente na web de Agnix. As xornadas contan co apoio do Concello de Porriño, Galpon, Mancomun.org, Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Cesga e o Xacobeo.

http://www.mancomun.org/images/stories/iceweasel.jpgParte da comunidade Debian GNU/Linux está enfrentada coa Fundación Mozilla, o  que motiva o lanzamento das súas propias versións dos navegadores Mozilla e Firefox. Trátase de IceWeasel ou Zorro de xeo, e o GnuZilla, que responden aos criterios de licenzas propias da comunidade GNU, contrarios a produtos patentados…

O problema entre a comunidade Linux xurdiu cando Firefox non  permitiu a  Debian GNU/Linux o uso do  seu nome sen usar o seu logo ao mesmo tempo, é decir chamalo Firefox e non utilizar o logo, porque o logo é parte da marca comercial.

Polo que  Debian decidiu lanzar unha nova versión do navegador 100% libre baixo o nombre IceWeasel, na que conta co seu  propio logo e estará presente nas distribucións Debian e  noutras enfrentadas coas esixencias da Fundación Mozilla.

Fonte: laflecha

 Aínda que a data do lanzamento oficial de Fedora Core 6 é o 24 de outubro, podemos descargar esta nova versión de Fedora dos seus mirrors, distribuídos estes por todo o mundo.

O máis destacable de este lanzamento é a ampla adaptación de hardware existente hoxe en día, adaptando así o novo hardware de Mac baseado na arquitectura i386.

 

Entre as novidades de escritorio que nos imos a atopar podemos destacar, entre elas:

  • Soporte AIGLX e compiz
  • Gnome 2.16 e Kde 3.5.4
  • Xorg 7.1
  • Kernel 2.6.18

Ligazón para a descarga: mirrors

Fonte: fedoraproject.org

Mancomun.org participará cun stand propio nos X Encontros pola Normalización da Lingua organizados polo Consello da Cultura Galega. Este evento propón unha reflexión sobre a planificación lingüística en Galicia e as cuestións relacionadas coa promoción do idioma galego. Participan nel expertos en normalización lingüística, responsables dos servizos lingüísticos, filólogos, estudantes e, en xeral, persoas preocupadas pola lingua galega.

A organización convidou a Mancomun.org ao considerar que o Software Libre é a mellor ferramenta para adaptar o contorno informático ao galego. Mancomun.org convidou aos diferentes lugs de Galicia e agrupacións de localización de software a que participen no stand e así facer chegar o Software Libre aos asistentes aos encontros.

Máis información: X Encontros pola Normalización da Lingua

O Parlamento Europeo aprobou con varias enmendas unha resolución pola que admite a trámite a proposta de adhesión dos estados membros á EPLA (European Patent Litigation Agreement). Isto implicaría que os estados membros que se adherisen á EPLA delegarían a resolución dos seus litixios nun Tribunal Europeo controlado pola Oficina Europea de Patentes (EPO).

Deste xeito as PEME terían poucas posibilidades da afrontar custosos litixios e as decisións sobre a patentabilidade do software escaparían do control democrático.

Máis información: Mesa Galega a Prol da Innovación

http://www.mancomun.org/images/stories/logogpul_sin_cuadro.jpg O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) en colaboración coa Facultade de Informática da UDC, comprácese en presentar un ano máis as Xornadas de Introdución a GNU/Linux para Alumnos Noveis.
 
Terán lugar o 25 e 26 de outubro. O 25 impartiranse charlas introductorios e o 26 plantexaranse casos prácticos en laboratorio. As sesións repetiranse en horario de maña e de tarde. Pódense consultar os contidos exactos das xornadas na páxina web http://www.gpul.org/noveles06, onde se pode facer a prescrición para asistir.
 
As xornadas están abertas a todo aquel interesado en coñecer como traballar empregando Software Libre.

AgoraCart é unha aplicación de comercio electrónico que ofrece grandes características para os usuarios da mesma e que permite montar tendas virtuais dunha maneira moi sinxela para os usuarios menos experimentados, aínda que nun principio fose desenvolvido para programadores e webmasters…

 
A aplicación tamén se integra perfectamente con outras solucións como pode ser o Cpanel, permitindo a creación de varias instancias de forma moi sinxela.
 
Tamén hai dispoñible outra versión, a 5.1 Pro, con máis características e servizos; pero pola que é necesario ser membro de pago da aplicación.
 
O motor da base de datos que usa é [[MySQL]] e a linguaxe de programación é [[Perl]].
 
Pódese probar a aplicación online nunhas versións demo xa instaladas nas seguintes direccións:
 
Modo visitante: http://www.agoracart.com/demo5/agora.cgi  
 
Modo administrador: http://www.agoracart.com/demo5/protected/manager.cgi (nome de usuario=manager, contrasinal=admin). 
  
A páxina web do AgoraCart é: http://www.agoracart.com/  

Onte celebrouse ao aveiro das primeiras Xornadas de Software Libre de Eganet unha charla-coloquio que tentou facerlle chegar ás empresas TIC o estado actual das tecnoloxías de estándares abertos.

 

Xornadas Eganet

 

Pere Martínez, de Novell , defendeu que o Software Libre non é máis ca un produto de gran calidade cunha serie de vantaxes engadidas e falou da súa experiencia con produtos coma Linkat , unha distribución baseada en Suse para os centros educativos de Cataluña.

Álvaro del Castillo, Coordinador de Proxectos Europeos do grupo de investigación GSyC/LibreSoft da Universidade Rey Juan Carlos , salientou o cambio que houbo na comunidade que cada vez ten unha maior implicación social. Afirmou ademais que a Unión Europea, dada a vantaxe competitiva do noso continente respecto a Estados Unidos no desenvolvemento do Software Libre, apostaba por esta tecnoloxía e andaba á procura de sistemas de certificación de calidade para que gañen en fiabilidade de cara aos clientes.

Juantomás García, presidente de Hispalinux , cualificou o movemento do Software Libre coma algo imparable e amosouse convencido de que o software propietario está sumido nunha grave crise. Defendeu ademais que este tipo de tecnoloxía ten o mellor modelo de negocio pola súa sinxeleza, rendibilidade e capacidade de innovación.

Pola súa banda Antonio Pérez Casas, asesor da Consellería de Innovación, expuxo os diferentes proxectos da Xunta a prol das tecnoloxías abertas coma a iniciativa Mancomun.org ou o acordo coa Universidade da Coruña para desenvolver unha forxa de proxectos libres. O moderador foi Javi Vázquez, desenvolvedor de negocio de Igalia e secretario de Eganet.

As xornadas continúan hoxe cun taller de introdución á instalación e administración de servidores con sistemas GNU/Linux, utilizando a distribución Debian GNU/Linux e impartido por Daniel Couso da empresa Tegnix .

Por fin, despois de moito tempo agardando polas últimas versións de Flash para GNU/Linux, Adobe acaba de poñer dispoñible para a súa descarga a versión beta do Adobe® Flash® Player 9 para GNU/Linux.

O anuncio fixérono no blog Penguin.swf no que, dende hai tempo, pódense seguir os avances no desenvolvemento do reproductor de flash para GNU/Linux.

A descarga pódese facer dende a web de Adobe Labs, concretamente na seguinte ligazón: Flashplayer9 para GNU/Linux

 Coa última versión de Ubuntu GNU/Linux 6.10 a piques de saír o día 26 de Outubro, Canonical Ltd. anunciou o nome da súa nova distribución Ubuntu GNU/Linux 7.04 que sairá o 19 de Abril do 2007.

O nome desta nova distro vai ser o de “The Feisty Fawn”, que pódese traducir como “o cervatillo pelexón” e ten un claro obxetivo como distro de GNU/Linux de dar un bo soporte de hardware en ordenadores portátiles e de escritorio.

Pódese leer o comunicado feito por Canonical neste enlace.

Consellaría de Innovación e Industria
O conselleiro de Innovación e Industria e o reitor da UDC asinaron onte un convenio para a realización de actuacións conxuntas no eido do Software Libre e tamén un protocolo de colaboración para por en marcha un viveiro de empresas no Parque Tecnolóxico do campus coruñés…
udc

A Consellaría de Innovación e Industria e a Universidade da Coruña formalizaron un acordo para a colaboración e realización de actuacións no ámbito do Software Libre, paso importante no desenvolvemento en Galiza deste tipo de software de código aberto.

Así, Fernando Blanco e José María Barja asinaron o convenio de colaboración que establece o marco de actuación para a realización e mantemento dunha plataforma axeitada para o desenvolvemento de proxectos colaborativos de Software Libre, así como dinamización, investigación e soporte técnico destes proxectos.

En dúas anualidades, Innovación e Industria achegará 180.000 euros ao abeiro deste acordo para a execución de diversas actuacións para impulsar o emprego de Software Libre no noso país.

Así, instalarase e manterase unha “forxa” ou espazo web de desenvolvemento de software, integrada no portal www.mancomun.org, que inclúa un sistema de control de versións e revisións, listas de correo para os usuarios e desenvolvedores, publicación de novas globais para cada proxecto, foros de discusión, etc…

Tamén coincidindo con este acordo de colaboración, o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, e o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, asinaron un protocolo de colaboración para a promoción dun viveiro de empresas TIC.

 

Máis información na nota de prensa da Consellaría: Nota de prensa

 

A Comisión Europea vai crear un portal para o sector público do vello continente que almacene e comparta código aberto e aplicacións libres. O Repositorio Open Source Observatory and Repository (OSOR) será desenvolvido e administrado por un consorcio dirixido pola empresa Unisys.

O obxectivo é animar ás administracións europeas a intercambiar software e a desenvolver proxectos comúns en e-administración ou a interoperabilidade entre aplicacións públicas. Compartir e reutilizar aplicacións pode ter un impacto significativo nas arcas das administracións europeas.

Está previsto que o OSOR bote a andar a finais do 2007.

Máis información: Unisys

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia convoca o premio “GERARDO GARCÍA CAMPOS” á mellor iniciativa empresarial no sector TIC 2006, patrocinado pola FUNDACIÓN INGENIERO GERARDO GARCÍA CAMPOS.

 
O obxectivo do premio é recoñecer un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as comunicacións, TIC, que destaque nalgunha das áreas seguintes:

-Introdución das TIC en sectores onde aporten valor en procesos tradicionais.
-Desenvolvemento de produtos aplicables en mercados amplos.
-Orientación a exportación.
-Creación de emprego tecnolóxico.
-Actividade en I+d+i.
-Aumento do espectro de valor no sector das TIC (contidos).
-Desenvolvemento de produtos de interese social.

Poden concorrer ao premio todas as pequenas e medianas empresas (pemes) privadas españolas relacionadas co sector das TIc que leven constituídas menos de cinco anos na data da convocatoria. A dotación do premio é de 6.000 Euros. O prazo remata o día 4 de novembro.

Máis información: Aetg

 

http://www.mancomun.org/images/stories/wiki.png A Wikiversidad facilita a creación de proxectos de aprendizaxe a calquera nivel educativo, participar nun grupo de aprendizaxe, crear contidos didácticos tales como exames, exercicios de prácticas, foros de discusión sobre as dúbidas nas materias que estudas, un sistema para crear tests interactivos de evaluación de coñecementos…

Polo de agora a web encóntrase nun estado inicial de creación de contidos xa que hai pouco que empezou a funcionar este proxecto en España, aínda que xa existe dende algún tempo a versión inglesa, alemana, italiana e portuguesa.

Máis información na páxina web de Wikiversidad:

http://es.wikiversity.org/

As escolas universitarias de Maxisterio de Alicante, Castellón e Valencia iniciaron este curso a ensinanza de Software Libre aos futuros mestres.
Esta materia, que se imparte aos estudiantes universitarios a través de módulos de libre elección, desenvólvese trala firma dun convenio de cooperación tecnolóxica firmado coa Consellería de Educación.

A asignatura de informática que actualmente se está a impartir nos colexios estase a basear nun sistema de libre acceso, con programas libres creados específicamente para a comunidade educativa, coñecido como Lliurex .
Son estes programas os que poderán aprender os alumnos das escolas de Maxisterio e futuros mestres valencianos.
 
Fonte: lasprovincias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal