O W3C publicou o borrador anticipado do que será a linguaxe de etiquetado para a web, HTML 5. O Grupo de Traballo de HTML está creando o HTML 5 para ser a especificación aberta, libre de dereitos de autor, para o contido e as aplicacións Web enriquecidas.
“Por suposto que o HTML é un estándar moi importante,” comentou Tim Berners-Lee, autor da primeira versión do HTML e Director do W3C. “Estou encantado de ver que a comunidade de desenvolvedores, incluíndo os fabricantes de navegadores, está traballando en conxunto para crear o mellor camiño para a Web”.
Entre as novas características inclúense APIs para debuxar gráficos bidimensionais e formas de incluír e controlar contido de son e vídeo.

MySQL Proxy é un programa que se sitúa entre o cliente e o servidor de MySQL que permite controlar, analizar e/ou transformar a comunicación. O cliente de MySQL conéctase ao proxy, en vez de ao servidor, coas credenciais usuais e o proxy actúa como un
Trolltech vén de anunciar que a biblioteca Qt liberarase con licenza GPL v3. A licenza GPL v3 fará que sexa máis sinxelo e seguro, para os desenvolvedores de Software Libre, que empreguen Trolltech Qt nos seus proxectos baixo a licenza marco da Free Software Foundation. Trolltech espera que o seu movemento anime aos proxectos de Software Libre a empregar Qt e eliminar as antigas reticencias dos desenvolvedores que non vían con bos ollos a licenza de Trolltech.
TRIS-4D é un xogo de lóxica en código aberto. Este software é unha modificación do coñecido xogo tetris. O campo de xogo esténdese a un campo 4D, no que teñen que cubrirse os ocos dun 4D hiper cubo. � máis fácil do que soa (ver o apartado de