Autor: Alberto
O coordinador xeral de Sofcatalá e experto en Software Libre Jordi Màs presentou onte en Santiago o seu libro Software Libre: tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto. No acto explicou o contido do libro que ten un afán divulgativo e que pretende facer un percorrido xeral sobre os aspectos máis importantes do Software Libre: a súa historia, vantaxes e ameazas, marco xurídico, produción, principais proxectos libres, oportunidades de negocio e a súa importancia para a administración e os gobernos.
O autor estivo acompañado na presentación polo editor e responsable de Biblos Tucho Calvo, o director do CESGA, Javier García Tobío, e a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela. Trala presentación houbo un breve debate co público no que se falou da actual situación do Software Libre na administración galega e das súas posibilidades e aplicacións sociais a medio e curto prazo.
{mosimage}
Previamente a este acto Jordi Màs ofreceu unha breve charla nas Xornadas de Software Libre organizadas polas asociacións AULUSC e GLUG, celebradas durante o mércores e o xoves.
Fonte: trends.newsforge.com, fsf.org
OpenOffice.org implementa o estándar ofimático [[OpenDocument]] aprobado recentemente pola ISO. É moi recomendable instalar a nova versión 2.0.3 que se pode descargar dende a sección “OpenOffice.org en galego” do noso portal.
Os ficheiros PO desta última versión tamén están dispoñibles no noso portal.
A Asociación Socio-Pedagóxica Galega desenvolverá o seu novo portal de xeito íntegro en Software Libre. Esta web contará con contidos educativos en galego e un xogo tipo trivial ademais de diversas utilidades para docentes e estudantes.
A AS-PG asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Innovación e Industria de máis de 50.000 euros para o desenvolvemento deste novo portal.
Máis información: AS-PG Código Cero
Cataluña lanza a súa propia distribución chamada Linkat 1.0 que se basea en Suse 9.0 e será distribuída entre todos os centros de educación pública desta comunidade. Linkat chega despois de meses de proceso de proba no departamento de educación da Generalitat e as universidades públicas catalás. Este sistema podería ser implantado en máis de 120.000 ordenadores de toda Cataluña.
A orientación desta nova distribución é eminentemente educativa polo que inclúe un amplo paquete de aplicacións con esta fin. Contará tamén cunha tradución de Yast ao catalán, un instalador rápido e manuais de usuario. Estará dispoñible en DVD, CD-ROM e en liveCD podendo ser descargada, ademais, do seu sitio web.
O escritorio por defecto do sistema no LiveCD é GNOME. Agárdase unha versión baseada no OpenSuse 10.1 a finais deste ano.
- Facer un dispositivo baseado en tecnoloxías abertas e estándares.
- Crear unha plataforma estable e escalable.
- Maximizar o rendemento da batería dos dispositivos.
Máis información deste proxecto e fonte da nova: linuxelectrons.com
O sitio Techgage contén un artigo destacando os 10 mellores xogos libres para GNU/Linux. Os criterios que teñen que cumprir estes xogos son:
- Deben ser gratuítos
- Non deben precisar o [[Wine]]
- Sexan Open Source
- Teñan unha instalación sinxela
- Non sexan complemento dun xogo comercial
Atendendo a estes criterios a lista de xogos escollidos é…
10. KMahjongg
http://www.kde.org/ (Ven cos xogos do KDE)
9. Americas Army
http://www.americasarmy.com/
8. Armagetron Advanced
http://armagetronad.net/
7. Cube 2
http://sauerbraten.org/
6. Pingus
http://pingus.seul.org/
5. Neverball
http://www.icculus.org/neverball/
4. Nexuiz
http://www.alientrap.org/nexuiz/
3. Enemy Territory
http://www.enemyterritory.com/
2. Frozen Bubble
http://www.frozen-bubble.org/
1. Battle for Wesnoth
http://www.wesnoth.org
O artigo completo, que contén información detallada sobre cada xogo, atópase en: http://techgage.com/article/top_10_free_linux_games/1
Recentes movementos próximos ao Open Source das compañías Digium e Vyatta fan especular coa introdución do Open Source dentro do mundo das telecomunicacións. …
Digium, o creador da plataforma aberta de telefonía “Asterisk“, recibiu recentemente cerca de 11 millóns de euros para o seu financiamento por parte da Matix Partners. Isto axudará a consolidar o crecemento continuado de Digium e de Asterisk, especialmente no lanzamento de novas ofertas de mercado no mundo das comunicacións empresariais. Asterisk utilízase como a base dunha ampla variedade de equipamento, incluíndo PBX e sistemas interactivos de resposta por voz.
Vyatta, pola súa parte, lanzou o seu 1.0 Open Flexible Router (OFR) en xullo, converténdose na primeira compañía en ofertar un router totalmente desenvolvido con Open Source. Existen tamén outros proxectos Open Source coma Quagga e GNU Zebra , pero Vyatta é a primeira compañía en poñer o produto en plena explotación incluíndo soporte.
Máis información:
– IADBC
A Corte Francesa da Casación estreou o seu novo “website” baseado en Open Source. O sitio web foi desenvolvido en PHP. Inclúe o motor de búsqueda Lucène e basease no sistema de xestión de contidos SPIP- Agora e MySQL como sistema xestor das bases de datos. Cerca de 8000 páxinas dos arquivos das cortes foron incorporados dentro da nova estrutura. …
Esta nova versión da web incorporará novas funcións coma foros de discusión e accesos seguros personalizados. Este anovamento confirma o entusiasmo do sector público francés polas solucións Open Source.
Fonte: Silicon.fr
Os requisitos para poder optar ao curso son estar inscrito no INEM e ter un FP2 de Informática ou ter cursado algun curso do plan FIP que garantice algunha base de coñecementos ou similar
Para coñecer o programa podedes chamar ao teléfono 986299952.
Fonte: GLUG
O fabricante de microprocesadores AMD adoptará unha solución Open Source para o seu procesador de servidores Opteron. Esta decisión levará a outros fabricantes de chips a deseñar compoñentes compatibles con placas Opteron coa esperanza dunha integración a longo prazo en Opteron.
A Torrenza Innovation Socket initiative, consta dunha placa base de dous socket que soportará un chip AMD nun lado, e un terceiro chip partido no outro. Eliminando así a necesidade de conectar outros chips vía bus ou por outro método.
ATI podería contribuír cun segundo coprocesador gráfico. Sun e Fujitsu-Siemens están sopesando as posibilidades de Torrenza. AMD tamén anunciou un acordo con IBM o cal abandonará a plataforma UNIX/RISC para conectar os seus procesadores Power7 dentro das placas modificadas de Opteron.
Máis información: imd.net.au
O soporte que lle proporcione IBM pode axudar a consolidar esta situación. As novas ferramentas propostas por IBM inclúen as ferramentas de desenvolvemento baseadas en Callisto para axudar no deseño aos usuarios. Tamén aportará unha nova ferramenta de desenvolvemento rápido para a construcción de novos compoñentes que funcionen co Portal 6.0 do IBM WebSphere.
IBM tamén agregou as ferramentas do Eclipse ao seu DeveloperWorks, incluíndo unha ferramenta educativa deseñada para axudar aos usuarios de Eclipse a coñecer as novas características da versión 3.2.
Máis información sobre esta nova nas seguintes ligazóns:
http://www.vnunet.com/vnunet/news/2163834/ibm-rolls-open-source
http://www-128.ibm.com/developerworks/
http://www.vnunet.com/vnunet/news/2163834/ibm-rolls-open-source
Unha pesquisa realizada pola IDC, empresa especializada en enquisas e análises en TI, apuntou que o 71% dos desenvolvedores de software en todo o mundo utilizan código aberto, aínda que, segundo o estudo, so o 54% deles producen sistemas con esa tecnoloxía…
A empresa IDC obtivo os datos de 5.000 desenvolvedores de software, en 116 países ao redor do mundo. A pesquisa apunta que o resultado é consecuencia de innovacións no mercado da tecnoloxía, xuntamente coa iniciativa de diminuír o prezo dos produtos ao consumidor.
Fonte: idgnow
Tras tres anos de crecemento disparado, Red Hat atópase na posición 29 da lista das “100 empresas de crecemento máis rápido” dacordo coa revista Fortune.
Reh Hat non estivo presente no ranking do ano 2005, mais aumentou os seus ingresos nun 47% ao longo dos 3 anos cubertos pola nova pesquisa da revista Fortune…
Fonte: fortune
Kewl é unha plataforma colaborativa orientada á comunidade educativa. Foi desenvolvida en Sudáfrica e conta con moitas implantacións no mundo da ensinanza, sendo un dos principais motores nalgúns organismos educativos coma no caso de Alemaña.

