Mancomún

Hai xa algúns meses que Sun anunciou que ía liberar Java, pero sen precisar a data nen a forma de liberación. Laurie Tolson, vicepresidente e desenvolvedor de produtos e programas vén de anunciar que antes do remate do ano 2006, Sun liberará o compilador JavaC e a máquina virtual Hotspot, dous elementos clave para executar programas escritos na linguaxe Java.

Estes compoñentes son parte do Java Standard Edition (SE), que funciona tanto en servidores coma en pcs de escritorio. Ademais, Sun liberará a Micro Edition (ME) completa, que é a version para dispositivos como teléfonos móbiles, antes de finais de ano, segnudo dixo Tolson nuha reunión con reporteiros en San Francisco na LinuxWorld Conference and Expo.

O paquete completo Java SE liberarase na primeira metade do 2007. Aínda que haberá módulos que seguirán a ser propietarios posto que Sun non posúe os dereitos sobre eles, como o software de renderizado de fontes… 

O que non está aínda decidido é que tipo de licenza levará o software Java open -source.
 
Fonte: Zdnet  

Trolltech, compañía desenvolvedora de ferramentas e aplicacións Linux para teléfonos e outros dispositivos móbiles presentará un móbil aberto baseado en Linux en setembro, co nome de “Greenphone”.

O Greenphone é un móbil GSM/GPRS que permite aos usuarios modificar o firmware do teléfono, baseado en Linux, a través dun porto mini-USB. O teléfono non estará dispoñible para mercalo só, senón como parte dun kit de desenvolvemento. O kit ofrecerase baixo licenzas open source a desenvolvedores, institucións educativas, vendedores de software e a deseñadores e creadores de teléfonos.

Trolltech di que agarda que o Greenphone axude a medrar o ecosistema de aplicacións de terceiros ao redor da súa pila de aplicacións Linux Qtopia Phone Edition (QPE). Este ecosistema é “crítico para a satisfacción da crecente demanda dos clientes e para acurtar o ciclo de desenvolvemento e entrega,” segundo din eles.

A compañía dí que espera sorprenderse polo que os usuarios poidan chegar a desenvolver. Engaden que “O espírito de innovación foi clave no éxito do PC e Internet. Cremos que ten que aparecer a mesma dinámica no mercado móbil.”

Máis información

 Despois de celebrarse a última conferencia Linux World en San Francisco, Jeffrey Wade, como manager de marketing de Linux a nivel mundial de HP, anunciou que esta compañía vai dar soporte para a distribución Debian GNU/Linux debido ás numerosas peticións de moitos dos seus clientes.

Aínda que os distribuidores de GNU/Linux principais de HP sexan Red Hat e Novell, HP dixo que ofrecerá soporte técnico para a instalación e a configuración no período de garantía dos seus servidores. Logo disto, ofertará estas axudas técnicas como “care packs”.

Fonte e máis información en: news.com

Synfig é un potente paquete de software para o deseño e animación vectorial en 2D deseñado para a produción de contidos altamente profesionais usando menos xente e recursos dos que tradicionalmente se necesitan…

A animación en 2D tradicionalmente sempre estivo caracterizada por ser moi cara xa que cada un dos frames tiña que ser debuxado a man. Incluso ca tecnoloxía dixital actual, este proceso todavía está baseado no debuxo manual de cada frame. Comunmente, a esta tarefa coñéceselle polo nome de “tweening”.

A tecnoloxía de Synfig elimina a tarefa do “tweening” manual, producindo suaves e fluídas animacións sen ter que debuxar cada frame individualmente e permitindo producir contidos 2D con alta calidade e usando menos recursos.

Asemade, permite tamén a inclusión de filtros, capas, transformación, sobras, etc.

Podes ver do que é capaz esta aplicación visitando a súa galería de imaxes

Esta aplicación está dispoñible para unha ampla variedade de sistemas operativos: GNU/Linux (con paquetes específicos para algunhas distribucións), Mac OS X e Windows.

Linspire segue o camiño marcado no seu día por [[Red Hat]] con Fedora e seguido con SuSE e a súa OpenSuSE: crear unha versión gratuita da súa distribución que poida ser descargada desde Internet e baseada en software 100% aberto.

Nace así Freespire, que é unha das distribucións [[GNU/Linux]] máis orientadas ao usuario final, e para que con ela poida substituir ao Windows, xa que reproduce ficheiros de Windows Media, [[MP3]] ou QuickTime entre outros, e gráficamente ten un gran parecido co sistema operativo de Microsoft…

Esta versión, a 1.0, inclúe os programas necesarios para poder abrir arquivos Flash, Real, e [[PDF]]. Ademais, tamén se inclúen drivers para as populares tarxetas gráficas [[Nvidia]] e ATI e drivers propietarios para tarxetas de rede WiFi.
 

Máis información: http://www.freespire.org/

 

Libro Blanco A Web do “Libro Blanco del Software Libre” acaba de publicar unha nova listaxe de empresas, a nivel estatal, que teñen o Software Libre na súa liña de negocio. Dende a súa páxina pódese acceder a un formulario que permite filtrar e ordenar por localidade, autonomía, ámbito de operación, nome, etc. Tamén é posible rexistrar empresas de forma anónima e obter as empresas vía RSS (todas), coas súas actualizacións.
 
Fonte.- Libro Blanco  

Dende a web do concello de San Javier (Murcia) podemos atopar unha ferramenta libre, chamada  Cyclos, para a creación e xestión de “bancos de tempo”.
 
Os “bancos de tempo” son unha peza esencial para a reconstrucción das comunidades e promove que a xente se convirta en verdadeiros cidadáns activos ao intercambiar os servizos que eles mesmos poidan ofrecer. Usa o tempo como moeda de intercambio, e todas as actividades se valoran da mesma maneira…

O software Cyclos está descargable dende a páxina http://www.bancodeltiempo.org/ (en castelán) ou senón dende a páxina orixinal do proxecto: http://project.cyclos.org. Está desenvolvido en [[Java]] e pode funcionar en múltiples sistemas operativos (GNU/Linux, Windows, Macintosh e Solaris).

 

Para saber máis acerca dos bancos de tempo: 

                   Dentro desta web poderemos atopar:

    • Documentación sobre bancos de tempo en español
    • Material para bancos de tempo en inglés
    • Proxectos de bancos de tempo existentes no mundo
    • Información xeral para montar o teu propio banco de tempo
    • ….
Segundo un estudo de OSS Watch realizado nos meses de febreiro e marzo de 2006 o 77% das universidades de UK son usuarias de Software Libre. O traballo reflicte que o uso nos servidores é alto (69%) e algo máis baixo en PC de usuario (42%). Por outra parte, o 56% usan Moodle como plataforma de e-Learning.

 
Os principais motivos para usar Software Libre son o menor custe das licenzas, a independencia do provedor e a mellor interoperabilidade entre produtos. O traballo destaca que os factores ideolóxicos non son significativos á hora de empregar Software Libre. Este estudo complementa ao feito por OSS Watch en 2003, onde os resultados de uso foron significativamente máis baixos.
 
Fonte: OSS Watch

Apple vén de anunciar na WWDC Worldwide Developers Conference que libera o código fonte do Darwin Calendar Server .

Trátase dun servidor de calendario baseado en estándares abertos que permite que múltiples usuarios compartan información dun calendario colaborativo. Esta información gárdase nun repositorio central na rede ao que acceden vía web tódolos usuarios do mesmo.

A fin de obter a maior interoperabilidade cos clientes de calendario actuais, iCal 3 en Leopard, Sunbird de Mozilla, OSAF’s Chandler ou Microsoft Outlook, o servidor Darwin implementa o protocolo CalDAV , e formatos de intercambio como iCalendar, iMIP e iTIP.

Fonte: DiarioLinux

FSFA Free Software Foundation ([[FSF]]) e o proxecto [[GNU]] anunciaron a petición de nominacións para o premio anual polo avance do Software Libre.

Este premio anual entrégaselle á persoa que fixo a maior aportación ao progreso e desenvolvemento do Software Libre, a través de actividades acordes ao espírito do Software Libre…

O gañador do último ano foi Andrew Tridgell que foi galardoado polo seu traballo como creador e desenvolvedor do proxecto Samba, e polas súas contribucións ao kernel de GNU/Linux. Tridgell uniuse así á prestixiosa lista de gañadores, entre os que destacamos a Theo de Raadt, Alan Cox, Miguel de Icaza, entre outros.

Calquera tipo de actividade pode ser elixida para o premio (desenvolvemento de software, documentación, publicación de software, …), pero sempre e cando implique contribucións ao desenvolvemento do mundo do Software Libre, e sempre acorde ao espírito da definición do Software Libre.  

O comité que elixiu ao gañador do 2005 estivo formado por: Peter H. Salus, Richard Stallman, Alan Cox (gañador do 2003), Lawrence Lessig (gañador do 2002), Guido van Rossum (gañador do 2001), Frederic Couchet, Jonas Oberg, Hong Feng, Bruce Perens, Raju Mathur, Suresh Ramasubramanian, Enrique A. Chaparro, e Ian Murdock.

Para enviar as nominacións, para o premio deste ano, está dispoñible a seguinte dirección de correo electrónico: award-nominations@gnu.org, ata o 31 de outubro de 2006.

Máis instruccións de como enviar estas nominacións pódense atopar no anuncio na web da Free Software Foundation.

Pódese atopar información sobre os gañadores das anteriores edicións en http://www.fsf.org/fs-award.

Fonte da nova: Free Software Foundation  

Acabamos de corrixir algúns erros de tradución detectados na compilación 2.0.3 do OpenOffice para GNU/Linux que publicamos o mes pasado. Por iso presentamos unha corrección a esta versión .

Ademais deste problema detectado, tamén incluímos o dicionario en castelán dentro dos dicionarios instalados por defecto, como algúns de vós suxerístedes.

Esta versión segue sendo a 2.0.3, pero ca interface, axuda e dicionario instalados e configurados por defecto en galego.

Para instalar esta versión… 

seguiremos as novas instrucións que están na páxina de descarga do OpenOffice dende mancomun.org, e que variaron un pouco dende a última vez, en función de se temos instalada a versión con erros ou non. 

 

Despois de varios anos, unha distribución GNU/Linux vai vir instalada nos portátiles dunha das maiores compañías do mundo, Lenovo.

O 4 de agosto atopamos cunha nova do Grupo Lenovo, a compañía que comprou a división de Ordenadores persoais de IBM, fixo unha aposta por SLED 10 (SUSE Linux Enterprise Desktop) de Novell Inc. e será instalado nos novos ThinkPad T60p.

Anos atrás, HP intentouno tamén con GNU/Linux xa que no 2004 lanzara o Compaq nx5000 laptop con SUSE Linux 9.1 como unha proba de lanzamento. Dell tamén está querendo facer algo pero moi lento, ofrecendo o real Linux desktop.

O modelo de Lenovo preinstalado con GNU/Linux é o T60p e non é calquera portátil, dado que vén con procesador 2Ghz Intel Core Duo T2500, cun mínimo de 512MB de RAM e unha tarxeta gráfica ATI FireGL V5200 con 256MB de RAM.

 
Fonte: desktoplinux.com 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal