Mancomún
O Centro Municipal de Informática do concello de Zaragoza realizou un proxecto de reutilización de ordenadores antigos nos centros cívicos destinados a persoas maiores. Utilizouse terminais lixeiros (ThinClients) baseados en pxes correndo GNU/Linux.
Toda a documentación do proxecto foi liberada: Como instalar o servidor,…

como contruir as imaxes e como grabar as rom das tarxetas.

O proxecto xorde cando se xunta a necesidade de montar aulas para alfabetización dixital de persoas maiores con varios centos de ordenadores retirados por renovación de postos de traballo.

Utilizando Software Libre, púidose desenvolver unha solución completa de aulas fáciles de instalar, usar e manter en poucas semanas.

Fonte: concello de Zaragoza

http://www.mancomun.org/images/468-x-60.png
“Mancomun.org – Iniciativa galega polo Software Libre” presenta a versión 2.0.3 do paquete ofimático OpenOffice.org para GNU/Linux. Este software inclúe, entre outras cousas, un potente procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, un programa para facer presentacións, debuxos, etc. Ademais, implementa o estándar ofimático [[OpenDocument]] aprobado recentemente pola ISO.

A tradución ao galego, que xa inclúe o dicionario, foi feita utilizando o corpus lingüístico xerado por Imaxin durante a localización da versión 2.0, presentada o pasado 17 de maio coincidindo co día das letras galegas e co día de Internet. 
 
Tamén está dispoñible un pack de idioma galego que se pode aplicar á versión 2.0.3 en inglés. Ademais, en caso de ter a versión 2.0 instalada non fai falla borrala, xa que a nova instalación substitúe a anterior. En breve estará dispoñible a versión para MS-Windows.
 
A versión 2.0.3 inclúe:
– Interface e axuda en galego.
– Corrector ortográfico versión alfa en galego.
– Melloras de rendemento.
– Corrección de erros.
– Melloras na compatibilidade co Microsoft Office.
 

É moi recomendable instalar a nova versión 2.0.3 que se pode descargar dende a sección “OpenOffice.org en galego” do noso portal.

Os ficheiros PO desta última versión poden descargarse dende aquí: pos_2.0.3.tar.gz

 

O modelo de negocio do software baseado sobre o código aberto é mediante o ingreso de servizos de valor engadido. Normalmente as licenzas de Software Libre non limitan comerciar co produto, a limitación é que non se peche o código. O artigo “How to make money form Open Source” examina diferentes oportunidades de negocio con Software Libre.

Xa hai máis de 15 anos que existen empresas adicadas a vender solucións baseadas en código aberto, o cal amosa que o Software Libre pode ser entendido tamén como un modelo comercial válido.

Ligazón do artigo.

O número de xullo-agosto da “Gaceta Tecnológica” inclúe unha entrevista a Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria e impulsor da estratexia do Goberno galego en materia de Software Libre e tecnoloxías abertas. Fernando Blanco comenta que “as nosas estratexias baséanse nun modelo de traballo colaborativo, deben ser abertas e, sobre todo, deben producir produtos estándares e de calidade”. Ademais, o Conselleiro afirmou que “cremos nas vantaxes do Software Libre nos diferentes ámbitos da sociedade galega”. Na Web da “Gaceta Tecnológica” pódese ler a entrevista completa .

kdeAcaba de saír a nova versión da suite ofimática KOffice, que pertencente á popular contorna de escritorio [[KDE]]. Esta versión é a 1.5.2, e ven caracterizada por ser unha versión de corrección de erros da serie 1.5 de KOffice ..

Nesta versión correxíronse moitos erros fatais que provocaban que a aplicación se pechara, e algúns erros menores. Tamén hai actualizacións de idiomas para a suite (recordamos que esta suite ofimática tamén está dispoñible en galego) e que tamén esta suite incorpora dende a serie 1.5 soporte nativo para [[OpenDocument]].

Podes ler máis sobre esta nova na páxina do KOffice: http://www.koffice.org

Compostela Wireless A asociación CompostelaWireless acaba de anunciar un obradoiro aberto sobre [[Wi-fi]] e [[GNU/Linux]] que terá lugar todos os martes de 19:00 a 21:00 a partir do vindeiro 18 de xullo, nas instalacións de DP Informática, no Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela…
 
O evento foi engadido á “Axenda de eventos ” de mancomun.org…

Logo INEO Xa se poden descargar as presentacións que fixeron os relatores das I Xornadas sobre Software Libre como oportunidade de negocio, celebradas en Vigo o pasado 13 de xullo, pola asociación multisectorial das novas tecnoloxías da información e da comunicación, INEO.

 
Nelas participaron o director do Centro de Supercomputación de Galicia, Javier García Tobío; Antonio Pérez Casas, asesor da Consellaría de Industria e Innovación para a Sociedade da Información; José María Olmo, director de operacións e fundador de Ándago, empresa madrileña de referencia nacional no uso de Software Libre; e Óscar Sancristán, de Alfa 21, empresa coruñesa especializada no desenvolvemento de redes baseadas en Unix/Linux.
 
Descarga das presentacións.
O Software Libre (SL) é un tremendo exemplo do éxito do modelo solidario de produción e distribución de bens entre as comunidades que traballan para si mesmas, segundo asegurou o portavoz da Asociación Venezolana polo Software Libre, Felipe Pérez Martí…

Durante a súa participación no programa “En Confianza”, transmitido este mércores por Venezolana de Televisión (VTV), o ex ministro de Planificación explicou como o coñecemento, a difusión da información e o mesmo uso do Software Libre foi cambiando ao longo de dez anos.

«Antes, este tipo de programas era da competencia de sabios da informática. Actualmente, por un proceso progresivo de masificación, chega a todo o mundo, a todas partes do planeta e a toda persoa sen importar o seu estatus social», sinalou.

Do mesmo xeito, Pérez Martí explicou que o tema do Software Libre préstase a varios debates, pola súa capacidade de rescatar o carácter público da tecnoloxía.

Recordou que é sumamente importante o modelo participativo que suscita o SL, pois busca, en primeira instancia, a liberación do coñecemento, que de acordo con Pérez Martí, está secuestrado polas empresas que levan anos vendendo patentes sobre propiedades intelectuais que naceron para ser distribuídas libremente.

 

Fonte da nova: www.laflecha.net  

Icono de Firefox Segundo a compañía de análise de software para sitios web OneStat.com, o uso do navegador Open Source Firefox incrementouse dende abril de 2005 dun 8,7% ata un 13%. O uso do Firefox acada niveis do 39% en Alemaña e máis do 20% en Italia…

Polo que a mancomun.org respecta, os navegadores que máis usa a xente que nos visita son os seguintes:

  • 41,5 % Navegador web baseado en [[Mozilla]] ([[Netscape]], [[Firefox]], …)
  • 39,0 % Navegador [[Internet Explorer]] 6.0
  • 2,00 % [[Konqueror]]
  • 0,80 % [[Opera]]
  • …    

Os datos que proporciona o w3counter indican que a penetración global do Firefox podería ser aínda máis alta, chegando ata un 26 % do total fronte a un 66% de usuarios de Internet Explorer.

Junta de Andalucía Resumo dos eventos relacionados co Software Libre:

  • Desde o día 13 ao 16 de Xullo celébrase en Jerez a 802.party cun programa que reúne Software Libre, xogos en rede e deseño gráfico; inclúe conferencias de expertos nas tres ramas. Prazas limitadas a 200 asistentes. Organiza Xinug

  • As “Jornadas Tecnológicas Andaluzas de Software Libre”, xa na súa terceira edición, desenvolveranse entre os días 23 e 27 de agosto nas instalacións do CEULAJ na localidade de Mollina (Málaga), dentro do marco de actividades “e-verano”.

    http://jtasl.org/
    http://www.e-verano.org/index.php?option=com_frontpage&Itemid=1

  • ….

  • Por outra parte está aberto o prazo de inscripción e envío de ponencias para o Segundo encontro en lí­nea de educación e software libre “EDUSOL 2006”. Este encontro virtual celebraráse do 13 ao 24 de Novembro:

    http://bine.org.mx/edusol/e2006/presentacion.php

  • O verán é o momento idóneo para pensar en proxectos que presentar ao Concurso Universitario de Software Libre, patrocinado pola “Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa” e Fidetia:

    http://concurso-softwarelibre.us.es/

  • Mencionar por último as “Jornadas de Divulgación de Necesidades Formativas del Software Libre”, o próximo xoves 27 de xullo (de 9 a 13 aproximadamente) no hotel “NH Central Convenciones” de Sevilla.

Fonte da noticia: www.guadalinex.org

CLAM gañou a edición 2006 do premio ACM ao mellor software multimedia de código aberto. De acordo co xurado: CLAM é un sistema completo e cun potencial impresionante. O premio será entregado na próxima Conferencia ACM Multimedia
 

O concurso da ACM (Association for Computer Machinery, a asociación profesional máis prestixiosa no ámbito informático) é un concurso internacional de prestixio que vai pola súa terceira edición. O ano pasado, por exemplo, o premio levouno a biblioteca OpenVidia para visión artificial acelerada por GPU.
 
CLAM está coordinado por Xavier Amatriain desde a Universidade de California Santa Barbara pero desenvólvese principalmente na Universitat Pompeu Fabra de Barcelona por un equipo encabezado por Pau Arumí e David García.
 
Pode ler a nova completa na súa fonte orixinal en: www.barrapunto.com  
Elisa é un proxecto para crear unha solución media center baseada nos sistemas operativos GNU/Linux e Unix. Elisa funciona baixo a plataforma multimedia baseada en GStreamer. Aparte de proporcionares un sistema de gravación de vídeo (PVR) e soporte para Music Jukebox, Elisa tamén funciona con novos dispositivos estándares como son os baseados en sistemas Intel ViiV .

Podes baixarte Elisa dende esta ligazón:
http://www.fluendo.com/elisa/downloads

O alcalde de San Roque, José Vázquez, e o rector da Universidade de Cádiz, Diego Sales Márquez, asinaron un acordo marco de colaboración en Software Libre a desenvolver entre ambas institucións.
 
O convenio está referido á cooperación entre ambas partes firmantes en materia de tecnoloxías que estean, dalgún modo, relacionadas co Software Libre…

A “Oficina de Software Libre ” da Universidade de Cádiz e o CPD do Concello de San Roque designarán ás persoas encargadas do cumprimento do acordo de colaboración, evaluando a súa aplicación, promovendo liñas de acción comúns e adoptando cantas medidas consideren necesarias para o seu desenvolvemento.
 
Este convenio realízase dado que a Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, define á universidade como un servizo público e entre as súas funcións sinala, entre outras, “a creación, desenvolvemento, transmisión e crítica da ciencia, da técnica e da cultura; a difusión, a valorización e a transferencia do coñecemento ao servizo da cultura, da calidade da vida, e do desenvolvemento económico; a difusión do coñecemento e a cultura a través da extensión universitaria e a formación ao longo de toda a vida”.
 
Por iso, a Universidade de Cádiz aprobou de forma institucional unha declaración de apoio ao Software Libre xunto á creación da Oficina de Software Libre da Universidade de Cádiz, co fin de “potenciar o compromiso da universidade coa sociedade que a rodea, incentivando o desenvolvemento da economía rexional; establecer vías de colaboración con outras universidades, institucións e empresas da nosa contorna; fomentar a independencia tecnolóxica, racionalizar gastos e facer da UCA referencia na nosa contorna para o avance da sociedade da información e o coñecemento; promover a educación en aspectos éticos positivos como a solidariedade, a colaboración e a legalidad”.
 
Igualmente, o concello aprobou unha moción na que se apostaba decididamente por impulsar e promover o uso do Software Libre de forma institucional. Plásmase así o desexo de ambas institucións de “manter, favorecer e actualizar as relacións de colaboración mantidas durante os últimos anos na aplicación de tecnoloxías relacionadas co Software Libre para os seus respectivos fins, establecendo liñas concretas de actuación que posibiliten o intercambio de coñecemento e o mellor aproveitamento dos recursos humanos, económicos e técnicos dentro da provincia de Cádiz, todo iso de forma paralela ao marco de colaboración que desde fai anos manteñen ambas institucións cos Cursos de Verán”. 
 
Pode ver a fonte orixinal da noticia sen traducir en: www.laflecha.net  

A asociación multisectorial das novas tecnoloxías da información e da comunicación, INEO, debate hoxe en Vigo sobre o Software Libre e as súas repercusións no eido empresarial.

O acto estará moderado polo director do Centro de Supercomputación de Galicia, Javier García Tobío, e contará coa presenza de Antonio Pérez Casas, asesor da Consellaría de Industria e Innovación para a Sociedade da Información e experto en software libre. O resto de relatorios completaranse coas intervencións de José María Olmo, director de operacións e fundador de Andago, empresa madrileña de referencia nacional no uso de software libre; e Óscar Sancristán, de Alfa 21, empresa coruñesa especializada no desenvolvemento de redes baseadas en Unix/Linux.

O seminario está orientado a empresarios e profesionais das novas tecnoloxías e terá lugar hoxe, xoves 13 de xullo, ás 17 horas no auditorio da Zona Franca de Vigo .

O Open Source Software Institute (OSSI) anunciou o lanzamento dun informe do Departamento de Defensa (DoD) co título de Open Technology Development Roadmap (folla de ruta do desenvolvemento en tecnoloxía aberta) o cal profundiza sobor de como é o uso de tecnoloxías abertas en materia de desenvolvemento de software como parte integral no Departamento de Defensa(DoD) e os seus procesos a seguires.

O informe contén 79 follas e defínese como OTD “Open Technology Development”.

Máis información  

Extremadura pon en marcha este verán o proxecto 99MCC, siglas de “Música Creative Commons”, que ten como obxectivo enseñar aos cidadáns as licenzas [[Creative Commons]], así como o seu emprego para baixarse libremente música de internet.

O proxecto pretende organizar diferentes actividades relacionadas co mundo da música empregando licenzas Creative Commons. Entre estas actividades están un concurso de carátulas, obradoiros de radio dixital, etc.. 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal